Primer premio APROEMA

DOMO

O Dispositivo de Cheiros Molestos da Coruña, denominado mediante o acrónimo DOMO, é un grupo de persoas cuxa actuación conxunta e coordinada permite detectar, investigar e documentar os episodios de cheiro que teñen lugar calquera día do ano en calquera zona poboada do termo municipal.

Considérase un episodio (ou evento) de cheiro, aquela situación de contaminación por cheiro de orixe industrial que afecta de forma significativa á cidade, tanto pola súa intensidade como pola extensión de territorio afectado.

O dispositivo emprega o nariz humano como sistema de detección, permitindo avaliar de modo cientificamente contrastado e baseado en métodos internacionais a sensación subxectiva percibida polos cidadáns e proporcionar información para a toma de decisións, como posibles melloras nas instalacións e cambios en prácticas operativas, así como información de base para a elaboración da lexislación de cheiros futura e para os labores de inspección por parte do municipio.

En canto ao seu ámbito de actuación, o DOMO opera tan só ante a presenza de cheiros de provocados pola industria que afectan a unha parte significativa da poboación. Non é obxecto deste dispositivo analizar e rexistrar problemas de cheiros de entidade menor, talles como os provenientes de locais de hostalería, vivendas, sucidade nas rúas, etc.

Para que o dispositivo proporcione as debidas garantías na detección e medición de cheiros, é necesario que as persoas que o integran teñan unha sensibilidade olfactiva específica, unha estabilidade determinada e unha adecuada formación. Por iso, preseleccionouse a un grupo de 55 persoas, que se someteron ás probas de calibración olfactiva.

Dentro do DOMO poden distinguirse tres grupos de persoas con funcionalidades diferentes:

  • Os cidadáns alarma: Son persoas calibradas cuxa labor profesional non se atopa directamente relacionada co medio ambiente pero de forma voluntaria conforman unha rede de alerta que avisa de calquera evento de cheiro que se produza na cidade.
  • Os panelistas de cheiros: Trátase de persoal calibrado que fai o seu labor profesional no campo da protección ambiental e que acode ás zonas afectadas cando ocorre un episodio de cheiro, redactando un informe para remitir ás empresas causantes.
  • Os cidadáns en xeral: Calquera cidadán que detecte un cheiro e pono en coñecemento do dispositivo.

 

Proceso de calibración olfactiva

O sentido do olfacto dos candidatos a formar parte do DOMO avaliouse de forma científica, de conformidade coa metodoloxía e criterios establecidos na norma UNE EN 13725: Calidade do aire. Determinación da concentración de cheiro por olfactometría dinámica.

Este proceso levouse a cabo na sede da Policía Local, na que se acondicionou un aula para este propósito, con boa circulación de aire para evitar calquera tipo de interferencias con outros cheiros. Con carácter previo, comunicouse aos aspirantes a obrigación de observar unhas normas básicas durante o proceso, de forma que este sexa o máis obxectivo posible (non usar perfumes ou locións intensas, non fumar, comer ou beber desde unha hora e media antes das probas, etc).

Cada aspirante foi sometido a tres sesións de calibración en tres días non consecutivos. Cada rolda de probas estivo integrada por catro candidatos que sentaron ante un olfactómetro e rexistraron mediante un pulsador os instantes en que detectaron na corrente gasosa expulsada polas boquillas do olfactómetro a presenza do gas utilizado como patrón (n-butanol). A concentración de gas nas mostras ofrecidas aos candidatos variouse mediante un sistema informático permitindo, ao final das probas, dispor dun conxunto de trece series de datos por persoa utilizados para calcular o limiar individual de detección do n-butanol.

A análise final dos resultados permitiu seleccionar a aquelas persoas que cumpren os criterios de sensibilidade e de reproducibilidade da resposta establecidos pola norma UNE EN 13725, que son os seguintes:

  • - A media do limiar de detección do mesmo debe situarse no rango de 20-80 ppb(v/v) de n-butanol [o valor medio do limiar de detección de n-butanol en Europa é de 40 ppb(v/v)].
  • - A variabilidade da detección debe ser inferior a 2,3 ppb(v/v)

Estas condicións indican que o panelista ten un olfacto medio, o que lle converte en representativo da media da poboación. Ademais, a súa capacidade olfactiva é estable, pois a variación na detección da sustancia de referencia é aceptable.

Das 55 persoas sometidas ás últimas probas, resultaron dentro destes parámetros 28, que pasan a formar parte do DOMO. A todas elas foilles expedido un certificado de sensibilidade olfactiva no que constan os resultados obtidos tras o proceso de calibración. Este certificado, expedido por un laboratorio acreditado por ENAC para a realización deste tipo de calibraciones conforme á norma UNE EN 13725, avala o cumprimento por parte do seu titular dos requisitos olfactivos establecidos pola norma técnica para a realización de determinaciones de cheiro por olfactometría dinámica.

Calidade do aire
BOA

+ info

Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 06/12/24 ás 14:00 h. (dato temporal)

Emisións Radioeléctricas
Non hai datos para avaliar as EMR

+ info

Ruidos
Consulte os niveis de ruido en tempo real dende eiquí
Meteoroloxía
Últimas observacións:
T.Máx T. Mín D. Vento
16 °C15 °CSuroeste

+ info