Primer premio APROEMA

Descrición dos contaminantes

Dióxido de xofre (SO2)

O dióxido de xofre (SO2) é un importante contaminante primario. Trátase dun gas incoloro, non inflamable, de cheiro forte e irritante. A súa vida media na atmosfera é curta, duns 2 a 4 días e é un dos responsables do fenómeno da choiva aceda.

A nivel global, máis da metade do SO2 que chega á atmosfera é de orixe antropoxénico, sobre todo pola combustión de carbón e petróleo e pola metalurxia. No entanto, e aínda que nos últimos anos está diminuíndo a súa emisión grazas ás medidas que se foron adoptando, nalgunhas áreas industrializadas ata o 90% do SO2 emitido á atmosfera procede das actividades humanas.

En canto ás súas repercusións na saúde, cabe destacar que as concentracións elevadas de SO2 causan irritación dos ollos e afectan ao aparello respiratorio, agravando enfermidades respiratorias e cardiovasculares existentes.

Óxidos de nitróxeno (NO2 y NOx)

Dos máis de oito óxidos distintos que forman esta familia, os de máis interese en calidade do aire son o monóxido de nitróxeno (NO) e o dióxido de nitróxeno (NO2). Adoita falarse tamén dos óxidos de nitróxeno totais (NOX), calculados como suma das concentracións en partes por billón de unidades de volume (ppbv) de NO e NO2, e expresados posteriormente en µg/m³ de NO2.

Estes compostos, xunto co amoníaco, poden reaccionar coa auga da atmosfera producindo acedos que contribúen ao fenómeno da choiva aceda.

El NO é un gas sen color nen cheiro, tóxico a altas concentracións e presente no aire en menos de 0,50 ppm. Aínda que a baixas concentracións a súa tolerancia polos seres vivos é aceptable, con todo é oxidado por acción do ozono para producir NO2 e polo tanto responsable, en parte, da contaminación fotoquímica.

El NO é producido por acción biolóxica e tamén nos procesos de combustión. O seu tempo de residencia na atmosfera estímase en 5 días.

Pola sua banda, o NO2 é un gas pardo-avermellado de cheiro asfixiante. Figura entre os contaminantes máis perigosos, tanto polo seu carácter tóxico e irritante, como porque se descompón por medio da luz formando osíxeno atómico, que é moi reactivo, e converte o osíxeno molecular en ozono.

En canto á orixe dos óxidos de nitróxeno, considérase que o 67% das emisións de NOX son de orixe antropoxénica, das cales, máis do 90% orixínanse en combustións a elevadas temperaturas, tanto de fontes estacionarias como móbiles, por combinación do nitróxeno e osíxeno presentes no aire orixinando NO, que posteriormente oxídase a NO2.

Os óxidos de nitróxeno afectan fundamentalmente ao aparello respiratorio podendo causar bronquite e pneumonía así como unha menor resistencia ás infeccións das vías respiratorias. A niveis elevados, poden producir rapidamente queimaduras e dilatación dos tecidos da garganta e das vías respiratorias superiores, reducindo a osixenación e ocasionando a acumulación de líquido nos pulmóns.

Partículas en suspensión

Por partículas enténdese calquera sustancia, a excepción da auga, presente na atmosfera en estado sólido ou líquido baixo condicións normais e cuxo tamaño é microscópico ou submicroscópico, pero sempre superior ás dimensións moleculares.
Ao conxunto de partículas que poden atoparse na atmosfera coñéceselles co nome de Aerosois.
Un factor importante no efecto das partículas na saúde, xunto coa súa composición, é o tamaño das mesmas, posto que determina o seu grao de penetración e o tempo de permanencia nas vías respiratorias.
Distínguense dous grupos fundamentais:

Partículas grosas: Tamaño superior a 2 micras cun máximo ao redor de 10 micras. A súa orixe é principalmente natural, aínda que tamén pode ser liberadas pola acción do home. As partículas maiores deposítanse de forma rápida por acción da gravidade. As partículas de tamaño inferior a 10 micras coñécense como PM10 e están actualmente lexisladas mediante o Real Decreto 102/2011, de 28 de enero, relativo a la mejora de la calidad del aire.

Partículas finas: Tamaño inferior a 2 micras. A súa orixe é diverso pero teñen unha alta compoñente antropoxénica. A eliminación faise principalmente por acción da choiva. As partículas menores de 2,5 micras denomínanse PM2.5 e os seus valores de referencia atópanse tamén no Real Decreto 102/2011, de 28 de enero, relativo a la mejora de la calidad del aire.


A maioría das partículas de diámetro maior a 5 micras deposítanse nas vías aéreas superiores (nariz), na traquea e os bronquios. Aquelas cuxo diámetro é inferior teñen maior probabilidade de depositarse nos bronquiolos e alvéolos.
As partículas en suspensión poden provocar danos nas vías respiratorias, alteracións na coagulación do sangue e no ritmo cardíaco, agravando enfermidades de tipo coronario e respiratorio (asma, bronquite, etc.).

Ozono (O3)

O ozono é un gas irritante, de cor azul pálido, relativamente inestable a temperatura ambiente e que presenta unha gran tendencia a descomporse sendo un gran axente oxidante.

Aproximadamente un 90% do ozono presente na atmosfera atópase na estratosfera, formando a coñecida "capa de ozono" que protexe a superficie terrestre das radiacións ultravioletas solares.
Cando o ozono fórmase na baixa troposfera, ozono troposférico, considérase un contaminante que pode orixinar problemas na saúde, sobre todo en sectores sensibles.
O ozono é un contaminante secundario (non é emitido directamente por ningunha fonte) que se orixina por reaccións químicas dos seus precursores, óxidos de nitróxeno e compostos orgánicos volátiles principalmente, nas que xoga un importante papel a radiación solar, xa que as reaccións son de tipo fotoquímico e precisan de altas temperaturas para que sexan efectivas. Por iso, a formación de ozono na baixa troposfera adoita presentarse en días asollados e calorosos.
Debido ao tempo que se necesita para a súa formación, entre outros factores, os niveis altos de ozono adoitan aparecer nos arredores das cidades, isto é, nas zonas onde o vento transportou os precursores emitidos desde as mesmas.
A contaminación por ozono causa serios problemas de saúde, sobre todo en certos grupos sensibles, provocando irritación en ollos, nariz e garganta. Así mesmo, diversos estudos estableceron relación entre a frecuencia de crise de asma con días nos que se rexistraron niveis altos de ozono, pois provoca unha diminución das funcións pulmonares.

Benceno

O benceno é un hidrocarburo cíclico constituído por seis átomos de carbono. A presenza na atmosfera deste composto débese, principalmente, ás emisións provocadas por actividades humanas nas cidades.

A fonte máis común de benceno é o uso do automóbil, pero tamén a evaporación de gasolinas e gasóleos, a produción de compostos químicos, as emisións procedentes da combustión incompleta do carbón e de produtos derivados do petróleo e a manufactúra de pinturas ou a súa utilización. Tamén se detectaron emisións deste composto en vertedoiros de residuos sólidos de media e alta densidade.
O benceno é un coñecido carcinóxeno en seres humanos. Respirar concentracións elevadas de benceno pode causar somnolencia, mareos e perda de coñecemento. A exposición prolongada a determinados niveis de benceno é causa de leucemia non linfocítica, anemia, alteracións da medula ósea e desordes no tecido sanguíneo.

Monóxido de Carbono (CO)

O monóxido de carbono (CO) é un gas inflamable, incoloro, insípido, lixeiramente menos denso que o aire e altamente tóxico. Xérase de forma natural na produción e degradación da clorofila das plantas, así como nos incendios forestais ao producirse a combustión incompleta do carbono.

Entre as orixes antropoxénicas, destacar os procesos de combustión de combustibles orgánicos, sendo a combustión incompleta de carburantes nos automóbiles a causa principal de contaminación por CO, así como a combustión incompleta en focos fixos (calefaccións, industrias) e na incineración de residuos.
O CO representa unha gran ameaza para a saúde pola súa capacidade de reaccionar coa hemoglobina do sangue formando carboxihemoglobina, que reduce a capacidade do sangue para realizar o transporte do osíxeno desde os pulmóns aos tecidos.

 

Calidade do aire
BOA

+ info

Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 26/04/24 ás 10:00 h. (dato temporal)

Emisións Radioeléctricas
A intensidade de campo media de onte foi:
E = 0.620 V/m

+ info

Ruidos
Consulte os niveis de ruido en tempo real dende eiquí
Meteoroloxía
Últimas observacións:
T.Máx T. Mín D. Vento
11 °C10 °CSuroeste

+ info