Primer premio APROEMA

INTRODUCIÓN Á REDE DE VIXILANCIA DA CALIDADE DO AIRE

Estación de Santa Margarita

O control e xestión da Calidade do Aire é desde fai varios anos, unha das prioridades da política ambiental do Concello da Coruña. Este feito propiciou dispor da posibilidade de afrontar diferentes actuacións encamiñadas a coñecer, detectar, actuar, informar, planificar e previr a contaminación atmosférica no noso termo municipal.

Neste sentido, unha das primeiras medidas adoptadas foi a realización dun diagnóstico do estado do municipio no proceso da Axenda 21 Local, o que permitiu a identificación dos seus puntos fortes e débiles.

Seguidamente, e como paso previo a decidir as medidas encamiñadas ao control da Calidade do Aire, abordouse a elaboración dun Inventario de Fontes Emisoras de Contaminantes do municipio da Coruña, o cal foi realizado en dúas fases: En primeiro lugar foron inventariados os focos industriais das tres principais áreas industriais da cidade, así como as industrias illadas máis destacables, para continuar, xa nunha segunda fase, cos focos de carácter doméstico, terciario e institucional e tráfico.

Tras a análise dos resultados do Inventario de Emisións, e tomando os mesmos como punto de partida, procedeuse á avaliación das posibles localizacións para as estacións automáticas de control da contaminación atmosférica da Coruña.

Como consecuencia do anterior optouse finalmente pola instalación dunha estación automática para o control da calidade do aire, clasificada de fondo urbano con influencia de tráfico, no Parque de Santa Margarita, e dunha segunda, neste caso unha estación de fondo urbano con influencia industrial, na Praza de Pablo Igrexas, estando ambas as orientadas á protección da saúde humana.

Calidade do aire
BOA

+ info

Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 06/12/24 ás 14:00 h. (dato temporal)

Emisións Radioeléctricas
Non hai datos para avaliar as EMR

+ info

Ruidos
Consulte os niveis de ruido en tempo real dende eiquí
Meteoroloxía
Últimas observacións:
T.Máx T. Mín D. Vento
16 °C15 °CSuroeste

+ info