Os prazos establecidos para a realización dos Mapas de Ruído no caso de Grandes Aglomeracións de menos de 250.000 habitantes, como a cidade da Coruña, fixouse no ano 2012 (datos de poboación a data de aprobación da Lei do Ruído).
A Coruña dispón do seu mapa de ruído desde 2005 que foi actualizado recentemente con datos de 2010 para ser presentado ante o Ministerio, aínda que todo o traballo realizado serviu de referencia na redacción do novo PXOM, que definirá o novo modelo de cidade para os próximos anos sobre a base de criterios de sustentabilidade ambiental.
Así pois, A Coruña foi a primeira cidade galega e unha das primeiras de España en contar cun mapa de ruído acorde coa Directiva 2003/4/CE, 6 anos antes de de o prazo previsto en dita normativa.
Este estudo dividiuse nas seguintes fases:
Fase 1: Avaliación previa e diagnóstico sobre a contaminación acústica do municipio.
Fase 2: Deseño das actuacións e análises das problemáticas específicas detectadas.
Fase 3: Elaboración do mapa de ruído e indicadores de poboación afectada.
Fase 4: Posta en marcha do Plan de Xestión de Ruído.
Fase 5: Proposta de Plan de Acción.
A obtención do mapa de ruído da cidade foi un aspecto moi importante pois o seu auténtico valor radica nas infinitas posibilidades que ofrece na predición de cambios sobre o vector ruído na cidade, o que posibilita a integración coas políticas urbanísticas e de xestión do tráfico fundamentais para o éxito dos Plans de Acción.
Mapa de Ruído no visor ambiental SIX (despregar fiestra "Ruído Ambiental")
BOA |
Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 19/09/24 ás 00:00 h. (dato temporal)
E = 0.600 V/m |
T.Máx | T. Mín | D. Vento |
---|---|---|
17 °C | 17 °C |