No Real Decreto 102/2011, de 28 de xaneiro, relativo á mellora da calidade do aire, establécense os Obxectivos de calidade do aire que son de aplicación para cada contaminante, entendendo por Obxectivo de calidade do aire o "nivel de cada contaminante, de forma illada ou asociado con outros, cuxo establecemento leva obrigacións conforme as condicións que se determinen para cada un deles."
Valor Límite: “Nivel fixado baseándose en coñecementos científicos, co fin de evitar, previr ou reducir os efectos nocivos para a saúde humana, para o medio ambiente no seu conxunto e demais bens de calquera natureza que debe alcanzarse nun período determinado e non superarse unha vez alcanzado”.
Nivel Crítico: “Nivel fixado baseándose en coñecementos científicos, co fin de evitar, previr ou reducir os efectos nocivos para a saúde humana, para o medio ambiente no seu conxunto e demais bens de calquera natureza que debe alcanzarse nun período determinado e non superarse unha vez alcanzado”.
Valor Obxectivo: “Nivel dun contaminante que deberá alcanzarse, na medida do posible, nun momento determinado para evitar, previr ou reducir os efectos nocivos sobre a saúde humana, o medio ambiente no seu conxunto e demais bens de calquera natureza”.
Obxectivo a Longo Prazo: “Nivel dun contaminante que debe alcanzarse a longo prazo, salvo cando iso non sexa posible co uso de medidas proporcionadas, co obxectivo de protexer eficazmente a saúde humana, o medio ambiente no seu conxunto e demais bens de calquera natureza”.
Limiar de Información: “Nivel dun contaminante a partir do cal unha exposición de breve duración supón un risco para a saúde humana dos grupos de poboación especialmente vulnerables e as Administracións competentes deben fornecer unha información inmediata e apropiada”.
Limiar de Alerta: “Nivel a partir do cal unha exposición de breve duración supón un risco para a saúde humana que afecta ao conxunto da poboación e require a adopción de medidas inmediatas por parte das Administracións competentes”.
Marxe de Tolerancia: "Porcentaxe do valor límite ou cantidade en que este pode excederse con arranxo ás condicións establecidas".
µg/m3: microgramo partido de metro cúbico.
mg/m3: miligramo partido de metro cúbico.
[1] Para a aplicación deste valor só se tomarán en consideración os datos obtidos nas estacións de medición dirixidas á protección dos ecosistemas naturais e da vexetación, as cales han de estar situados a unha distancia superior a 20 km das aglomeracións ou a máis de 5 km doutras zonas edificadas, instalacións industriais ou estradas. A título indicativo, un punto de medición estará situado de maneira que sexa representativo da calidade do aire nos seus arredores dentro dun área de polo menos 1000 km2. As Administracións competentes poderán establecer que un punto de medición estea situado a unha distancia menor ou que sexa representativo da calidade do aire nunha zona de menor superficie, tendo en conta as condicións xeográficas ou a posibilidade de protexer zonas particularmente vulnerables
[2] Para a aplicación deste valor só se tomarán en consideración os datos obtidos nas estacións de medición dirixidas á protección dos ecosistemas naturais e da vexetación, as cales han de estar situados a unha distancia superior a 20 km das aglomeracións ou a máis de 5 km doutras zonas edificadas, instalacións industriais ou estradas. A título indicativo, un punto de medición estará situado de maneira que sexa representativo da calidade do aire nos seus arredores dentro dun área de polo menos 1000 km2. As Administracións competentes poderán establecer que un punto de medición estea situado a unha distancia menor ou que sexa representativo da calidade do aire nunha zona de menor superficie, tendo en conta as condicións xeográficas ou a posibilidade de protexer zonas particularmente vulnerables.
[3] Valor límite indicativo que deberá ratificarse como valor límite en 2013 á luz dunha maior información acerca dos efectos sobre a saúde e o medio ambiente, a viabilidade técnica e a experiencia obtida co valor obxectivo nos Estados Membros da Unión Europea.
[4] AOT40: Acrónimo de “Accumulated Ozone Exposure over a threshold of 40 Parts Per Billion”, exprésase en [µg/m3]×h e é a suma da diferenza entre as concentraciones horarias superiores aos 80 µg/m3, equivalente a 40 nmol/mol ou 40 partes por mil millóns en volume, e 80 µg/m3 ao longo dun período dado utilizando unicamente os valores horarios medidos entre as 8:00 e as 20:00 horas, HEC, cada día, ou a correspondente para as rexións ultraperiféricas.
Niveis en aire ambiente na fracción PM10 como media durante un ano natural
Obxectivos de calidade do aire establecidos no Real Decreto 678/2014, de 1 de agosto, por el que se modifica el Real Decreto 102/2011, de 28 de enero, relativo a la mejora de la calidad del aire, publicado no BOE nº 206 do 25 de agosto de 2014 (Sec. I. Pág. 68026):
BOA |
Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 03/10/23 ás 18:00 h. (dato temporal)
E = 0.590 V/m |
T.Máx | T. Mín | D. Vento |
---|---|---|
40 °C | 17 °C | ![]() |