O Concello mantén unha estreita colaboración cos principais referentes en materia de calidade do aire no noso ámbito territorial. Así, durante os últimos anos viñéronse asinado convenios con diversas institucións públicas e privadas para o desenvolvemento de proxectos innovadores no campo da avaliación da calidade do aire, entre os que destacan os asinados co Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA) da Universidade da Coruña, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) ou a propia administración autonómica. Estes acordos pretenden optimizar os recursos públicos destinados á protección da nosa atmosfera e evitar duplicidades no desenvolvemento das diversas tarefas de xestión da nosa calidade ambiental.
Co IUMA estableceuse un marco de colaboración para a medida das partículas PM10 na zona dos Castros que posteriormente se viu ampliado a outros proxectos conxuntos, como a medida de BTEX en 25 puntos distribuídos por todo o territorio municipal.
Co primeiro dos proxectos púidose coñecer a influencia real das descargas portuarias na zona dos Castros, que durante tantos anos foran motivo de queixas veciñais, e colaborar activamente coa Autoridade Portuaria na aplicación de medidas correctoras nos procedementos de descargas de graneis.
Coa AEMET, o convenio encamiñouse en diversas liñas de traballo, como o desenvolvemento dun sistema de predición da contaminación atmosférica, o intercambio de información das redes de calidade ambiental e meteorolóxicas, así como o uso común de diversos inventarios de emisións desenvolvidos na cidade. Parte do traballo desenvolvido neste convenio é obxecto desta web.
Mediante outros convenios e colaboracións, como o subscrito coa Xunta de Galicia ou a empresa Air Liquide, profundouse no intercambio de información e na unificación das redes ambientais no noso termo municipal.
BOA |
Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 19/09/24 ás 23:00 h. (dato temporal)
E = 0.600 V/m |
T.Máx | T. Mín | D. Vento |
---|---|---|
20 °C | 14 °C |