Primer premio APROEMA

Normativa sobre EMR

Real Decreto 1066/2001, de 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que establece condicións de protección do dominio público radioeléctrico, restricións ás emisións radioeléctricas e medidas de protección sanitaria fronte a emisións radioeléctricas, onde se establecen límites de exposición do público en xeral a campos electromagnéticos procedentes de emisións radioeléctricas, acordes coas recomendacións europeas.

Orden CT/23/2002, de 11 de xaneiro, polo que establecen as condicións para a presentación de determinados estudos e certificacións polos operadores de radiocomunicación, onde se regulan as condicións, contido e formatos dos estudos e certificacións que os operadores de servizos de radiocomunicación deben presentar para a autorización e control das estacións radioeléctricas.

LEI 32/2003, de 3 de novembro, Xeral de Telecomunicacións, onde se regulan as telecomunicacións, que comprenden a explotación das redes e a prestación dos servizos de comunicacións electrónicas e os recursos asociados, de conformidade co artigo 149.1.21.a da Constitución.

Real Decreto 424/2005, de 15 de abril, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas, o servizo universal e a protección dos usuarios, onde se regulan as condicións para a prestación de servizos ou a explotación de redes de comunicacións electrónicas e realízanse certas modificacións en normas vixentes reguladoras das comunicacións electrónicas e as telecomunicacións.

Ordenanza reguladora das condicións de autorización das infraestruturas de telecomunicación no termo municipal da Coruña, onde se regula a instalación e funcionamento de todo tipo de infraestruturas de telecomunicación que se pretendan instalar no municipio da Coruña, con especial atención en todos aqueles aspectos relacionados co impacto visual.

Calidade do aire
ADMISIBLE

+ info

->recomendacións

Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 29/03/24 ás 11:00 h. (dato temporal)

Emisións Radioeléctricas
A intensidade de campo media de onte foi:
E = 0.520 V/m

+ info

Ruidos
Consulte os niveis de ruido en tempo real dende eiquí
Meteoroloxía
Últimas observacións:
T.Máx T. Mín D. Vento
9 °C7 °CSur

+ info