Primer premio APROEMA

¿Qué é o ICA?

O índice de calidade do aire (ICA) é un indicador global da calidade do aire dunha zona nun momento determinado do día, baseado nos datos que proporcionan as estacións de vixilancia da calidade do aire.

O índice de calidade do aire é un valor adimensional, que se calcula a partir de información procedente da lexislación vixente relacionada cos distintos contaminantes atmosféricos, cuxo principal obxectivo é facilitar á poboación a comprensión da información relacionada coa contaminación do aire.

Nesta WEB, o ICA representa a información dos seguintes contaminantes: dióxido de xofre (SO2), dióxido de nitróxeno (NO2), monóxido de carbono (CO), ozono troposférico (O3), partículas menores de 10 micrómetros de diámetro (PM10), partículas menores de 2,5 micrómetros de diámetro (PM2,5) e benceno (C6H6). O valor do ICA varía cada hora en función dos valores obtidos polas estacións de vixilancia en tempo real, de tal modo que nun mesmo día podemos ter un ICA bo ás 13:00 h e un malo ás 14:00 h., por exemplo. No caso de que a calidade do aire sexa mala, os responsables da REDE DE VIXILANCIA reciben por correo electrónico unha alerta, iniciándose o protocolo de actuación correspondente.

Doutra banda, as especificacións para definir o ICA (bo, regular, malo e moi malo) así como a súa correspondencia cos valores de referencia destes contaminantes, elaboráronse seguindo as indicacións do Documento do Grupo de Traballo de "INFORMACIÓN Á POBOACIÓN EN MATERIA DE CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA. ÍNDICE DE CALIDADE DO AIRE" presentado no Seminario de Calidade do Aire celebrado o ano 2000.


Cálculo e rango do ICA

O índice de calidade do aire abarca desde 0 a >=150, sendo peor a calidade do aire canto maior sexa o índice e estando o valor 100 asociado ao valor de referencia do parámetro obxecto de estudo.

Unha vez calculados o índice parcial de cada contaminante medido nunha estación, o índice global desa estación correspóndese co maior dos índices parciais.

Finalmente, o índice de calidade do aire da cidade correspóndese co maior índice global de estación rexistrado, isto é, preséntase o resultado máis desfavorable.

Rango do Indice de Calidade do Aire

Qué pasa si a calidad do aire é mala ou moi mala?

Se a calidade do aire está cualificada como mala ou moi mala, implica que algún contaminante está superando os valores de referencia definidos para a protección da saúde humana.

Faga click aquí para coñecer as recomendacións.

 

Calidade do aire
BOA

+ info

Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 19/04/24 ás 20:00 h. (dato temporal)

Emisións Radioeléctricas
A intensidade de campo media de onte foi:
E = 0.590 V/m

+ info

Ruidos
Consulte os niveis de ruido en tempo real dende eiquí
Meteoroloxía
Últimas observacións:
T.Máx T. Mín D. Vento
21 °C10 °CNord\E9s

+ info