O principal efecto biolóxico dos campos electromagnéticos de radiofrecuencia, como os emitidos pola telefonía móbil, é o arrequecemento. Este fenómeno utilízase nos fornos de microondas para quentar alimentos. Os niveis de campos de radiofrecuencia aos que normalmente están expostas as persoas son moito menores que os necesarios para producir un arrequecemento significativo.
Ata a data, non se confirmaron efectos adversos para a saúde debidos á exposición a longo prazo a campos de baixa intensidade de frecuencia de radio ou de frecuencia de rede (radio, televisión, cableado eléctrico ou telefonía móbil), pero os científicos continúan investigando activamente neste terreo.
O Ministerio de Sanidade e Consumo lidera un comité de expertos multidisciplinar que concluíu que a exposición ás emisións radioeléctricas de teléfonos móbiles ou estacións base, dentro dos límites da Recomendación Europea 1999/519/CE, non ten efectos adversos sobre a saúde das persoas. Esta conclusión coincide coas recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS), do Comité Europeo de Normas Electrotécnicas (CENELEC), da Comisión Internacional sobre Protección fronte a Radiacións Non Ionizantes (ICNIRP) e cos estudos efectuados polas autoridades sanitarias doutros países como Francia e Reino Unido.
A normativa sobre exposición a campos electromagnéticos de radiocomunicación vixente no noso país (Real Decreto 1066/2001, de 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que establece condicións de protección do dominio público radioeléctrico, restricións ás emisións radioeléctricas e medidas de protección sanitaria fronte a emisións radioeléctricas) ten en consideración o anterior e aplica as marxes de seguridade recomendados pola Unión Europea (UE) e a Organización Mundial da Saúde (OMS).
BOA |
Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 06/12/24 ás 15:00 h. (dato temporal)
Non hai datos para avaliar as EMR |
T.Máx | T. Mín | D. Vento |
---|---|---|
17 °C | 15 °C |