Primer premio APROEMA

Introdución

Un 20 % dos europeos sofren niveis de ruído inaceptables, isto significa que ao redor de 80 millóns de persoas neste momento padecen o problema do ruído de forma moi directa nos seus fogares e centros de traballo e que 170 millóns atópanse en áreas onde se producen molestias serias durante o día. A gravidade é tal que algúns cálculos estiman en cifras de entre un 0,2 e un 2 % do PIB o custo necesario para sufragar os problemas derivados do ruído, polo que as medidas a adoptar son de total urxencia.

A cidade da Coruña non é allea a contaminación por ruído pois, do mesmo xeito que outras cidades do seu tamaño, presenta diferentes problemas derivados da contaminación acústica ocasionada polo tráfico rodado, polo lecer nocturno en determinados puntos da cidade e en menor medida pola industria.

A Coruña presenta así mesmo unha gran compacidad territorial, o que se traduce en altas densidades de poboación en amplos sectores do seu territorio que incrementan os indicadores de poboación afectada sobre outras aglomeracións máis dispersas.

É por iso que o traballo para o desenvolvemento de diversas fórmulas de xestión do ruído sexan unha prioridade desde fai tempo, anticipándose varios anos á obrigatoriedade de presentar os mapas estratéxicos, sendo a primeira cidade galega en dispor deste instrumento de xestión a pesar de que por poboación non lle era exixible ata o ano 2012.

Calidade do aire
BOA

+ info

Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 06/12/24 ás 14:00 h. (dato temporal)

Emisións Radioeléctricas
Non hai datos para avaliar as EMR

+ info

Ruidos
Consulte os niveis de ruido en tempo real dende eiquí
Meteoroloxía
Últimas observacións:
T.Máx T. Mín D. Vento
16 °C15 °CSuroeste

+ info