Primer premio APROEMA

Mapa de Cheiros

En 2005 púxose en marcha este proxecto pioneiro no estado español, consistente na elaboración dun mapa de cheiros de todo o termo municipal, no que se analizaron os principais focos de cheiro da cidade.

Para iso estudáronse os CNAE de 600 actividades presentes na cidade, seleccionando aquelas que manipulan materias primas ou substancias volátiles. Con elas creouse unha base de datos inicial que comparou cos rexistros históricos de eventos de cheiro existentes na hemeroteca e a análise dos rexistros históricos das condicións meteorolóxicas dos anos previos ao proxecto.

Estes estudos permitiron identificar as instalacións e, máis concretamente, os procesos responsables da xeración de malos cheiros na cidade.

Estas actividades sitúanse, principalmente no sector SW da cidade, tanto dentro como fora do termo municipal. A proximidade das actividades referidas entre si conduce a unha situación particularmente complexa, pois a maior parte das actividades atópanse case en liña cara á cidade, de forma que se se dan condicións meteorolóxicas favorables para a dispersión de cheiros cara ao núcleo urbano (ventos de dirección WSW, entre outras), van selo para todos eles á vez.

Desde o punto de vista técnico, o emprazamento dos principais focos no mesmo lugar xeográfico é unha dificultade engadida para a determinación, de forma clara e inequívoca, da orixe das molestias.

Sobre todas estas actividades levaron a cabo tarefas de mostraxe e análise das emisións dos seus focos seguindo a seguinte metodoloxía:

    • Mostraxe in situ de emisións con equipos calibrados segundo UNE EN 13725 nos focos superficiais e canalizados.

    • Toma de datos en campo de características de focos para avaliacións de cantidades emitidas: diámetro, altura, caudais, temperaturas, superficies, coordenadas de localización de detalle, etc.

    • Análise de mostras en laboratorio por parte de panel olfactométrico acreditado segundo EN 13725: concentración u.o.E/m3 e por parte de laboratorio cromatográfico (HRGC-HRMS) de alta resolución para identificación de compostos olorosos emitidos por cada foco (compostos trazadores).

Cos resultados obtidos calculáronse as taxas por foco: u.o.E/m2·s en emisións superficiais e u.o.E/s en emisións canalizadas.

Para iso utilizáronse dous métodos de avaliación complementarios:

    • Método matemático: simulación matemática da dispersión de contaminantes a partir de datos de emisión obtidos mediante análise olfactométrico segundo a norma UNE-EN 13725 e tendo en conta a topografía complexa e as condicións meteorolóxicas tipo da Coruña.

    • Método sensorial: consistente nun panel de 18 expertos, calibrado segundo EN-13725, actuando segundo VDI 3940 de dúas formas: saídas programadas e en eventos de cheiro.

  • O método de medida de identificación do cheiro en inmisión desestimouse finalmente por problemas de interacción entre as diferentes sustancias e polas baixas concentracións dos compostos olorosos presentes nas mostras.

    Conclusións dos traballos

    • Comprobouse que existía unha situación de molestia no termo municipal que superaba en varios puntos da cidade unha concentración de cheiro no aire de ata 20 uoE/m3.

    • A persistencia (% do tempo por encima de 10 uoE/m3) era inferior ao 10%: Comprobouse que se dan situacións esporádicas agudas pero non unha situación crónica de molestia.

    • A análise anual indica que aínda que poden darse eventos curtos ao longo do ano se a meteoroloxía é favorable a maior frecuencia e intensidade dáse entre xullo e setembro, cara ás últimas horas do día (19 h a 24 h).

    • Os eventos de cheiro danse con ventos do SSW e con velocidades entre 3 km/h e 5 km/h e alturas de capa de mestura de 200 m (baixa capacidade de dispersión).

    • A acción conxunta dos focos pode provocar efectos sinérxicos con resultados diferentes á mera suma deles (interacción química das sustancias).

    • As zonas con maior risco de molestia son a zona SW Polígono A Grela, Zona alta Rosales, arco cidade escolar-Rolda Outeiro ata Av. Arteixo, Praza Pontevedra, Paseo Marítimo, área Orzán - casa dos peixes, Zalaeta e Praza España, Barrio das Flores-Matogrande, Castros e franxa este ata estación ffcc, zona baixa Rosales, istmo da cidade (S. Andrés), Zona central e este de Montealto.

    Os resultados individuais comunicáronse aos responsables a fin de que implementen os seus Plans de Acción Individualizados (PAI), que serán monitorizados cunha ferramenta de xestión que realizará predicións de cheiro cada seis horas que lles serán transmitidas para a posta en marcha dos seus plans de continxencias contra os cheiros.

Calidade do aire
BOA

+ info

Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 18/04/24 ás 21:00 h. (dato temporal)

Emisións Radioeléctricas
A intensidade de campo media de onte foi:
E = 0.600 V/m

+ info

Ruidos
Consulte os niveis de ruido en tempo real dende eiquí
Meteoroloxía
Últimas observacións:
T.Máx T. Mín D. Vento
16 °C10 °CNord\E9s

+ info