Primer premio APROEMA

ZONAS PROTEXIDAS

ZAS

Como resultado do plan de Xestión do Ruído, púxose en marcha un Plan Zonal no sector Juan Canalejo-Orzán co que se pretende reducir a medio prazo a influencia do lecer nocturno sobre o descanso dos veciños, con diferentes medidas, como a prohibición da apertura de novos locais de lecer, subvencións para a substitución de fiestras nas vivendas afectadas, campañas de inspección ou subvencións ao cambio de categoría de locais.

Diferenciáronse dous sectores de actuación, un que se declarou como Zona Acusticamente Saturada (ZAS) sobre a que se aplicou un Plan Zonal de Mellora, mantendo unha contorna protexida ao redor desta no que se aplicou un Plan Preventivo, menos esixente que o Plan Zonal de Mellora, pero que evitaría a transferencia do problema dun lugar para o outro.

Enlaces:


ZEP

O fenómeno do botellón foi controlado grazas á figura das Zonas de Especial Protección (ZEP) establecida na ORDENANZA LOCAL PARA REGULAR A CONVIVENCIA E O LECER NO ESPAZO PÚBLICO DA CIDADE DA Coruña, cuxa declaración, ademais doutros factores, dependeu en gran parte dos sistemas de avaliación do ruído mencionados anteriormente: Redes de Vixilancia e Mapa de Ruídos.

Actualmente existen tres ZEP na cidade:

  • - Contorna da Praza do Humor
  • - Contorna da Praza de Santa Catalina
  • - Cidade Vella

 

Informe relativo aos niveis acústicos resultantes da práctica do botellón na Praza de Santa Catalina.

Informe relativo aos niveis acústicos nos sectores do territorio afectados pola práctica do botellón nas Prazas do Humor e Azcárraga.

Informe ZEP Colexiata.

Planos ZEP.

Calidade do aire
ADMISIBLE

+ info

->recomendacións

Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 25/04/24 ás 01:00 h. (dato temporal)

Emisións Radioeléctricas
Non hai datos para avaliar as EMR

+ info

Ruidos
Consulte os niveis de ruido en tempo real dende eiquí
Meteoroloxía
Últimas observacións:
T.Máx T. Mín D. Vento
11 °C11 °CNorte

+ info