Primer premio APROEMA

Marco de Referencia

A principal dificultade para afrontar o problema con garantías atópase na falta de regulación do problema dos cheiros a nivel europeo e estatal. Fóra dalgunha mención no derrogado RAMINP e nalgunha normativa en materia de calidade do aire, non existe un marco normativo concreto que determine os métodos de avaliación e os niveis máximos permitidos, co fin de atacar o problema de forma efectiva.

Para a determinación da molestia causada polos niveis de inmisión de cheiro producido polos focos emisores, levou a cabo unha ampla revisión bibliográfica, estudo da literatura científica e levaron a cabo contactos internacionais con experiencia en Holanda, Nova Zelandia, Xapón, Australia, Gran Bretaña, Canadá, co obxecto de elixir o método considerado máis apropiado ás características do problema da Coruña.

Finalmente optouse por utilizar como referencia aquelas normas de maior prestixio, cuxa metodoloxía permitise obxectivar os resultados da mellor forma posible, sendo elixidas as norma UNE-EN 13725 e VDI 3940 como as idóneas. Ambas as normas son a referencia no desenvolvemento dos traballos do Plan de Xestión de Cheiros da Coruña.

Calidade do aire
BOA

+ info

Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 06/12/24 ás 15:00 h. (dato temporal)

Emisións Radioeléctricas
Non hai datos para avaliar as EMR

+ info

Ruidos
Consulte os niveis de ruido en tempo real dende eiquí
Meteoroloxía
Últimas observacións:
T.Máx T. Mín D. Vento
17 °C15 °CSuroeste

+ info