Servizo de envío e recepción de arquivos. Concello da Coruña.

É seguro aivai!?

Todos os arquivos se transfiren pola rede cifrados.

Se se envía información persoal ou datos confidenciais, se debe marcar "Cifrar cada arquivo" cando se crea un novo envío. Enton o contrasinal que se intruduce debe ser utilizado cando se descarga o envío. O contrasinal non se almacena en aivai!, e non pode ser recuperado se se perde. Ninguén pode acceder ós arquivos sen ela.

Todos os arquivos subidos e temporalmente almaceados en aivai! se manteñen en equipamento propiedade de e operado polo Concello dentro do seu CPD.

Todos os datos están suxeitos á normativa de protección de datos do Concello e do país.

aivai! non é un servizo estilo "nube". Todo se garda (incluso temporalmente) en equipamento directamente propiedade do Concello e xestionado polo seu persoal de informática.

Todo o acceso ós datos está estrictamente controlado polo Concello. Todos os accesos a datos en aivai! se rexistran e poden ser comprobados se en cualquera momento existe a dúvida de que un terceiro puidera acceder a eles.

Amais, os datos subidos só se gardan en aivai! por un máximo de 130 días, despois se eliminan automáticamente. Non hai ningunha ferramienta de recuperación do borrado. Non se facen copias de seguridade dos datos subidos (só é unha parada transitoria no camiño), así que os datos subidos nunca saen do propio aivai! cara outro equipamento. Despois de que un arquivo subido se borre no hai xeito de recuperalo.

A descarga dun envío por un destinatario só se pode facer utilizando tanto o Identificador como o Contrasinal.
Cando envías arquivos, podes elexir non enviar automáticamente ó destinatario cualquera ou ambo-los dous: daquela necesitarás facerle chegar esta información ti mesmo.