Servizo de envío e recepción de arquivos. Concello da Coruña.

[dropbox]

Acerca do servizo aivai!...

As mensaxes de correo con arquivos adxuntos grandes poden causar mal funcionamento nos servidores de correo electrónico ou nos ordenadores dos usuarios ós que van destinados. Acceder a estas mensaxes de correo pode levar horas nunha conexión a internet lenta e bloquear durante este tempo a recepción ou envío de cualquerira outra mensaxe. Nalguns casos, a recepción pode fallar, inhabilitando a utilidade de correo electrónico. Ademais, os clientes de correo aumentan considerablemente o tamaño do arquivo enviado. Por exemplo, gardar en Outlook unha mensaxe con adxunto incrementa un 40% o tamaño do citado arquivo. Para compartir arquivos maiores de 1MB, utiliza aivai! para poñer temporalmente accesible un arquivo (ou archivos) a outro usuario a través de Internet, de forma segura e eficiente.

Existen dous tipos de usuarios que poden acceder ó servizo aivai!: usuarios internos, asociados con the Council que provee o servizo, e usuarios externos, que veñen sendo o resto de Internet.

Un usuario interno está habilitado para realizar un envío a calquera outro, xa sexa un usuario interno ou externo. Un usuario externo únicamente está habilitado para realizar un envío a un usuario interno. Esto plantexa a pregunta: Qué é un envío?
envío: un ou máis arquivos subidos a aivai! como un único elemento para que sexan recollidos por unha o máis persoas
Hai moitos xeitos de enviar múltiples arquivos á vez:
  • Arrastrar e soltar múltiples arquivos á vez na páxina de envío
  • Preme no botón de "Engadir arquivos" na páxina de envío, e seleccionar 1 o máis arquivos á vez usando as combinacións de clic, Maiúsculas+clic e Control+clic (Cmd+clic nun Mac)
  • Empaquetar os arquivos nun comprimido novo e engadir o resultante na páxina de envío. Hai múltiples formas de empaquetar e comprimir arquivos:
    • Os usuarios de Mac poden seleccionar os arquivos no Finder e "comprimir" (ver menú <em>Arquivo</em>)
    • Os usuarios de Windows poden crear unha "carpeta comprimida" ou utilizar 7-Zip
    • Os usuarios de Linux/Unix poden probar "PeaZip" ou "File Roller"
Creando un envío
Cando un usuario crea un envío, introduce algunha información sobre sí mesmo (nome, organización e enderezo de correo electrónico); información sobre o(s) destinatario(s) (nome e enderezo de correo electrónico); e escolle qué arquivos van a conformar o envío. Se os arquivos son aceptados polo servizo, se enviará un correo ó(s) destinatario(s) indicando que teñen dispoñible un envío. O correo conterá unha ligazón para acceder ó mesmo. Se engade outra información (por exemplo o enderezo IP e/ou o nome do ordenador dende o que se creou el envío) para axudar ó destinatario a comprobar a identidade do remitente.
 
A descarga dun envío por un destinatario só se pode facer utilizando tanto o Identificador como o Contrasinal. Cando envías arquivos, podes elexir non enviar automáticamente ó destinatario cualquera ou ambo-los dous: daquela necesitarás facerle chegar esta información ti mesmo.

Descargando un envío (Recollida)
Existen dous xeitos de recoller arquivos procedentes dun envío:
  • Todos os usuarios poden premer na ligazón ubicada no correo electrónico que lles foi enviado.
  • Un usuario interno, unha vez identificado no sistema, pode acceder á sua bandexa de "Recibidos", onde poderá ver unha lista dos envíos que ten en espera. Unha vez identificado, un usuario interno poderá descargar os arquivos do envío sen necesidade de acceder ó correo de notificación.
Cando visualice unha descarga, o usuario verá unhas cantas cousas:
  • A lista de arquivos subidos
  • O remitente e a información de destinatario que o remitente incluiu ó crear o envío
  • O nome do ordenador e/ou o enderezo IP dende onde se creou o envío
  • Opcionalmente, a lista de descargas realizadas
O destinatario ten 14 días para realizar a recollida. Cada noite, os envíos con máis de 14 días son eliminados do sistema.

Ten en conta que os arquivos subidos son escaneados para comprobar si conteñen virus, pero o destinatario deberá ter precaución antes de descargalos ou abrilos. Isto pode ser tan fácil como verificar co remitente que se indica no correo de notificación si él ou ela realmente fixo o envío. Podes tamén comprobar o nome/enderezo IP do ordenador dende o que se realiza o envío para asegurarte de que o dominio de internet do remitente é o axeitado. Sen embargo os enderezos IP poden ser falseados, así que a verificación anterior é o xeito máis confiable de facelo.


Descarga de arquivos reanudable

Moitos navegadores web aceptan descargas reanudables. Imaxina este escenario: estás sentado no teu café habitual, descargando un arquivo PDF de 100MB que alguén subiu a aivai! para tí. De repente, unhas mesas máss alá comenzan a descarga do último trailer dunha película e a conexión a internet se cae — Tiñas descargado 95MB e tes que empezar outra vez! Non fará falla se o teu navegador web soporta descarga de arquivos reanudable, en dito caso o navegador únicamente solicitará os 5MB restantes do arquivo.

aivai! soporta no su servizo a tecnoloxía de descarga reanudable baixo o estándar HTTP 1.1.

Límites de tamaño en subidas

A posibilidade de subir arquivos maiores de 2GB depende do navegador que se utilice.

Se fose posible, utiliza un navegador de 64 bits moderno nun sistema operativo de 64 bits. Se o teu sistema só é de 32 bits (a causa máis común é que sexa Windows 7), entón utiliza unha versión moderna de Google Chrome ou Firefox. As versións vellas de Microsoft Internet Explorer son especialmente malas nesto.

O software de aivai! ten límites configurables para a cantidade de datos que poden ser subidos en cada envío individual. Inda en navegadores que soportan subidas de arquivos maiores que 2GB, os envíos non poderán exceder de 46.6 GB por arquivo, ou 46.6 GB no conxunto do envío.

Se tes os seguintes problemas enviando ou descargando un arquivo grande:

entonces o máis probable é que estés conectado a Internet cunha conexión demasiado lenta para mover a cantidade de datos requerida nun tempo asumible. O teu ordenador normalmente ten como máximo 2 horas para enviar ou recibir os arquivos.


Baseado no software orixinal Perl UD Dropbox escrito por Doke Scott.A version 6.11-2 foi desenvolta por Jules Field.