Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Prazas para persoal sanitario de formación profesional no Sergas

O Servizo Galego de Saúde convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional: TS nas especialidades de anatomía patolóxica e citoloxía, dietética, documentación sanitaria e laboratorio de diagnóstico clínico.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/05/2024

Prezo:

Dereitos de exame: 33,13 € (consultar exencións e bonificacións na convocatoria).

Requisitos:

  • Nacionalidade española ou a dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, estar incluído no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as ou ter recoñecido tal dereito por norma legal. 
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa legalmente vixente.
  • Titulación: 
    • TS en anatomía patolóxica e citoloxía: técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico ou titulación equivalente.
    • TS en dietética: técnico/a superior en dietética ou titulación equivalente.
    • TS en documentación sanitaria: técnico/a especialista en documentación sanitaria (formación profesional de segundo grao, rama sanitaria), técnico/a superior en documentación sanitaria (ciclo formativo de grao superior, familia profesional de sanidade) ou técnico/a superior en documentación e administración sanitarias (ciclo formativo de grao superior, familia profesional de sanidade).
    • TS en laboratorio de diagnóstico clínico: técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico ou titulación equivalente.
  • Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, así como por trata de seres humanos. 
  • As persoas aspirantes que se presenten pola quenda de persoas con discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

Páxina web:

www.sergas.gal

Contacto:

Servizo Galego de Saúde - Sergas

Correo electrónico: oposicions@sergas.gal

Teléfono de información da Xunta de Galicia: 012 

Publicación: DOG 30/04/2024

Prazas convocadas:

  • Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía: 4 (acceso libre).  
  • Técnico/a superior en dietética: 7 (acceso libre) / 1 (reserva discapacidade).
  • Técnico/a superior en documentación sanitaria: 5 (acceso libre) / 1 (reserva discapacidade). 
  • Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico: 54 (acceso libre) / 6 (reserva discapacidade). 

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión