11 resultados
Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de maio de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
11/05/2024
O auditorio do Fórum Metropolitano acolle a representación de "As galas do defunto ... e outros esperpentos", unha peza teatral de Cardume Teatro baseada na obra completa de Valle Inclán "Las Galas del Difunto" e nalgúns textos e personaxes doutros esperpentos como "Luces de Bohemia" e "Los Cuernos de Don Friolera".
03/05/2024
O centro Ágora acolle esta peza multidisciplinar na que Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, crean un universo singular arredor do legado de Luísa Villalta. O espectáculo forma parte do programa Agra no Ágora 2024, un programa financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra do Orzán.
Dende o 09/05/2024 ata o 19/05/2024
O festival LGBTIQ de artes escénicas que inaugura a acción cultural desde os espazos propios do Concello presenta a programación para este ano 2024.
Dende o 19/04/2024 ata o 16/05/2024
O Teatro Rosalía de Castro presenta a edición de primavera 2024 do festival TRC Danza
04/05/2024
O Centro Ágora acolle unha nova edición do Festival solidario de primavera Xacarandaina. Este ano, a recadación doarase á Asociaicón Boanoite.
Dende o 05/04/2024 ata o 08/06/2024
O Teatro do IES Rosalía Mera acolle un ano máis a representación das obras das categorías benxamín, infantil, cadete, xuvenil e senior da XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.
Dende o 25/04/2024 ata o 05/05/2024
A Coruña volverá ser a capital do humor esta primavera coa nova edición do EMHU que, do 25 de abril ao 5 de maio en diferentes espazos da cidade, contará coa presenza das figuras máis destacadas da comedia galega e estatal.
Dende o 20/01/2024
A sede da Coruña de Afundación acollerá de novo durante o 2024 unha completa programación de monólogos e espectáculos de humor, para os que a venda de entradas xa está dispoñible na web de Ataquilla.com.
Dende o 26/01/2024 ata o 10/05/2024
Volve o ciclo de artes escénicas "Sen Numerar" ao Fórum Metropolitano con cinco espectáculos de pequeno e mediano formato para todos os públicos.
resultados 11
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible