Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

ORACLE: Reto Enseña 2.0

Este evento ofrécelle ao alumnado universitario a oportunidade de demostrar as súas habilidades aventurándose nun reto de Data Science. A misión é realizar unha análise exploratoria de datos que revele os factores máis impactantes nos resultados das carreiras de F1. Que interesa e queren gozar os afeccionados do motor? Como afecta o clima á carreira?.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/05/2024 ata o 03/06/2024

Inscricións:

Os participantes poden rexistrarse ata o último día da competición, o luns 3 de xuño de 2024 ás 15.00 h.

Requisitos:

  • A participación no Oracle: Reto Enseña 2.0 está aberta a individuos que alcanzasen a maioría de idade na súa xurisdición.
  • O evento está deseñado especificamente para aqueles dispostos a aplicar os seus talentos a desafíos de Data Science. Con todo, pode participar na dita actividade calquera persoa maior de idade que estea a cursar calquera formación universitaria e que queira aprender e mellorar os seus coñecementos e habilidades con ORACLE, co obxectivo de reunir a persoas con diversas formacións, experiencias e perspectivas.
  • O participante consentirá a través do formulario de rexistro a aceptación de que ORACLE poida ver e acceder aos datos persoais de cada un.
  • O formulario de rexistro estará a cargo de NUWE.

Remuneración / Custo:

  • Primeiro clasificado: Amazon Gift Card de 1.000 € + Career Mentoring 1:1 + Student Learning Subscriptions
  • Segundo clasificado: Amazon Gift Card de 600 € + Student Learning Subscriptions
  • Terceiro clasificado: Amazon Gift Card de 400 € + Student Learning Subscriptions
  • Premios para universidades: premiarase á universidade con maior número de participantes con 15 exames de certificación de Oracle.

Páxina web:

https://nuwe.io/dev/competitions/ORACLE-Reto-Ensena-2-0

Contacto:

Unirvos ao seguinte Discord de NUWE para resolver dúbidas, compartir información e contactar co equipo técnico de Oracle: Servidor de Discord

Categorías: Data Science, Machine Learning (ML) e Artificial Intelligence (AI)

Formato: En liña (web de NUWE)

Equipos: Participación por equipos (entre 1 e 3 persoas)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión