Os Campamentos Deportivos da Deputación deste Verán 2024 van dirixidos a nenos e nenas empadroados no Concello da Cidade da Coruña nados entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro do 2015.
LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES
Procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes para os Campamentos de Veran 2024 - Deputación da Coruña o cal tera lugar do 21 ao 26 de xullo no IES Rosalia Mera, o cal pode consultar na seguinte ligazón:
Subsanación de erros: dende a publicación da listaxe ata o 2 de xuño ás 23:59 h., exclusivamente a través do correo electrónico: programasdeportivos@coruna.gal. Durante este prazo poderanse subsanar so datos persoais tales coma data de nacemento, apelidos, etc
SEGUINTES FASES DA CONVOCATORIA:
- Listaxe Definitivo de Solicitantes: 3 de xuño de 2024 a partir das 14.00 h e unha vez resoltas todas as correccións, nesta listaxe asignarase un número (SEGUNDO HORA DE REXISTRO DA SOLICITUDE) que será o que se empregará no suposto de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas
- Sorteo: 04 de xuño a partir das 10:00h, empregando a páxina web https://echaloasuerte.com/
- Listaxe de asignación de prazas: 4 de xuño de 2024 a partir das 15:00h. seguindo o número de corte establecido no sorteo do día 4 de xuño e as seguintes preferencias:
Pode cosultar as bases completas nos documentos adxuntos a pé de páxina ou na seguinte ligazón:
14 de maio - CONVOCATORIA
Pode cosultar as bases completas nos documentos adxuntos a pé de páxina ou na seguinte ligazón:
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN: Solicitude de preinscrición en campamentos deportivos da Deputación
SEDE CAMPAMENTO:
IES Rosalía Mera Rúa Archer Milton Huntington, 24 (A CORUÑA)
DURACIÓN: Dende o DOMINGO 21 de xullo ata o VENRES 26 de xullo.
PRAZAS: 27 prazas
CHEGADA: O DOMINGO pola tarde entre as 18:30 horas e as 19:30 horas no IES Rosalía Mera.
REGRESO: O VENRES seguinte, entre as 16:00 horas e as 17:00 horas.
COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 € (OITENTA E CINCO euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar "Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2024", ademais do nome do/a participante inscrito e concello ao que pertence. As cotas ingresadas non se devolverán. O nº de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.
INCLÚE: Transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.
EQUIPO RECOMENDADO
MATERIAL: O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.
PRAZOS DA CONVOCATORIA
PREINSCRICIÓNS: No seguinte formulario, ata o 28 de maio de 2024 ás 23:59h.
Consideracións:
LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES:
EMENDA DE ERROS:
LISTAXE DEFINITIVO DE SOLICITANTES:
SORTEO:
LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
Esta listaxe elaborarse seguindo o número de corte establecido no sorteo do día 4 de xuño e as seguintes preferencias:
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA (no caso de que non se formalicen as 27 prazas en periodo ordinario):
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible