Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Convocatoria - Campamentos Deportivos Municipais | Verán 2024

Campamentos Deportivos Municipais Verán 2024

31 de maio de 2024 - LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

A continuación pódese consultar a listaxe provisional de solicitantes dos campamentos deportivos municipais de verán 2024, organizado por orde alfabética de titor/a:

Listaxe provisional de solicitantes - Campamentos Deportivos Verán 2024

Con esta publicación, ábrese o prazo para a corrección de erros ata o luns 3 de xuño, incluído. As alegacións presentaranse por correo electrónico á dirección programasdeportivos@coruna.gal.

Segundo o establecido no punto 7.3.1 das bases da convocatoria, durante o prazo de corrección de erros non se permitirá o cambio de opcións de campamento nin se aceptarán novas solicitudes. Só poderanse emendar datos persoais consignados no formulario.

O número para o sorteo asignarase unha vez finalizado o prazo de corrección, na listaxe definitiva de solicitantes, e sempre antes do sorteo.

A data prevista para o sorteo é o 5 de xuño de 2024.

20 de maio de 2024 - CONVOCATORIA

E a continuación recóllese un extracto das bases que regulan a convocatoria pública para a participación nos "Campamentos Deportivos de Verán 2024". Recoméndase consultalas na súa totalidade no documento ao pé de páxina.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poboación infantil e xuvenil nada entre o 1/01/2012 e o 31/12/2018.

Aclárase que as persoas beneficiarias dos campamentos son as e os menores, non os seus titores legais ou custodios.

Terán preferencia para a obtención dunha praza as persoas empadroadas na cidade da Coruña.

PROGRAMA E HORARIO

PROGRAMA TIPO

HORARIO

PROGRAMA TIPO

08:30-09:00

Horario de conciliación 1

09:00-10:30

Actividade deportiva/náutica I

10:30-12:00

Actividade deportiva/náutica II

12:00-12:30

Merenda (deberá ser achegada por cada participante)

12:30-14:00

Actividade deportiva/náutica III

14:00 / 14:30

Horario de conciliación 2

Actividades previstas: Durante o desenvolvimiento de cada quenda de campamento están previstas as actividades que se relacionan a continuación, susceptibles de variacións por razóns organizativas e/ou de seguridade: atletismo, escalada deportiva, loita e defensa persoal, bádminton, esgrima, xadrez, carreira de orientación, xogos acuáticos, actividades na natureza ou exteriores da Cidade Deportiva de Riazor (que poderán ser actividades náuticas segundo a idade).

Para as actividades náuticas (ver, paddle surf, piragüismo ou similares) será imprescindible saber nadar 25m sen flotadores ou outros apoios. Para aqueles menores que non cumpran esta condición, realizaranse actividades alternativas.

HORARIO

As actividades dos campamentos desenvolveranse de luns a venres, excepto festivos, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Poderase solicitar o horario ampliado de conciliación, coas seguintes posibilidades:

  • Entrada: entre 08:30-09:00
  • Saída: a elixir entre:
    • 14:00 h.
    • 14:30 h.

O horario ampliado non supón un custo engadido.

LUGAR DE REALIZACIÓN

Os campamentos terán unha única sede, a Cidade Deportiva de Riazor, que se utilizará como punto de entrega e recollida de participantes.

Tentaranse realizar actividades ao aire libre, para o que se poderán desprazar a outras instalacións deportivas.

Poderanse programar excursións e actividades noutros puntos de interese da cidade. Haberá autobús para realizar algunha das saídas.

QUENDAS E PRAZAS

Establécense 4 quendas:

  • 1º quenda: Do 1 ao 15 de xullo
  • 2º quenda: Do 16 ao 31 de xullo
  • 3º quenda: Do 1 ao 15 de agosto
  • 4º quenda: Do 16 ao 31 de agosto

Ofértanse un total de 480 prazas, organizadas en 120 prazas por quenda.

PREZO

En aplicación da disposición 15.10 da ordenanza fiscal nº15 vixente, e tendo en conta o número de sesións, o prezo dos campamentos deportivos municipais será o que se recolle a continuación:

QuendaDatasNº sesiónsPrezo por participante
1º quendaDo 1 ao 15 de xullo1148,18 €
2º quendaDo 16 ao 31 de xullo1148,18 €
3º quendaDo 1 ao 15 de agosto1043,80 €
4º quendaDo 16 ao 31 de agosto1148,18 €

O horario ampliado non supón un custo engadido.

Poderán obter unha redución do 50% da taxa relativa aos campamentos aquelas persoas que conten cuns rendementos económicos brutos per cápita, computados anualmente por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen o indicador público de renda de efectos múltiples vixente no momento de efectuar a solicitude.

O pago realizarase conxuntamente coa inscrición no campamento de forma presencial na caixa do Palacio de Deportes de Riazor (recomendable pedir cita previa).

As persoas que durante o prazo establecido non formalizasen a inscrición do/da menor, entenderase que renuncian á praza obtida e procederase a activar a lista de espera.

CRITERIOS DE PREFERENCIA PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

O número agraciado no sorteo establecerá o corte para partir do cal se adxudicarán as prazas. Para a orde de preferencia terase en conta:

- 1º As persoas empadroadas no concello da Coruña.

- 2º A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (Opción 1 ou Opción 2).

As persoas que non obtivesen praza neste proceso, pasarán a formar parte da lista de espera.

DATAS A TER EN CONTA

As principais datas a ter en conta son as seguintes:

  • Preinscrición: os días 20, 21 e 22 de maio de 2024 (Recomendamos revisar o punto 7 das bases para as preinscricións de membros da mesma unidade familiar)
  • Publicación da lista provisional de solicitudes: o 31 de maio de 2024
  • Corrección de erros: desde a publicación da listaxe provisional e ata o 3 de xuño de 2024
  • Publicación da listaxe definitiva de solicitantes: 5 de xuño 2024
  • Sorteo: o 5 de xuño de 2024
  • Publicación das listas de persoas admitidas e en lista de espera: 11 de xuño de 2024
  • Formalización da matrícula das persoas admitidas ou renuncias: ata o 17 de xuño de 2024
  • Xestión da lista de espera: a partir do 18 de xuño de 2024
  • Comezo dos campamentos: luns 1 de xullo de 2024 comezará o pimer quenda

PREINSCRICIÓNS - ENLACE Ao FORMULARIO

As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse, do 20 ao 22 de maio, a través do seguinte formulario:

Solicitude de preinscrición nos campamentos deportivos de verán

Non se admitirán preinscricións realizadas por outros medios.

Poderanse solicitar un máximo de 2 opcións, por orde de preferencia.

Cada menor só poderá constar nunha única solicitude (individual ou familiar). No caso de rexistrar, para unha mesma persoa, máis dunha solicitude, só terase en conta a última, anulando con éta todas as feitas con anterioridade.

Solicitude familiar: para colaborar na conciliación das familias, no caso de que desexen optar ao mesma quenda de campamento, deberán cubrir un único formulario de preinscrición (solicitude familiar), coa condición de que todos os menores sexan membros da mesma unidade familiar ou demostren convivencia no mesmo domicilio. Neste sentido, no momento de formalizar a matrícula, deberán presentar o libro de familia ou xustificante de empadroamento, segundo corresponda.

  • A solicitude familiar permite nun mesmo formulario a preinscrición de ata 4 menores. No caso de superar esta cifra, deberán cubrir outro formulario correlativo se desexan optar ao mesma quenda.
  • No caso de que se presenten solicitudes-formularios diferentes non se garante a asistencia ao mesma quenda.

Aclárase que as persoas beneficiarias son as e os menores, por tanto só poderán realizar a solicitude de preinscrición e a matrícula, no seu caso, os/as titores/as legais que teñan a custodia. No caso de custodia compartida, os interasados deberán poñerse de acordo previamente; no caso de non alcanzar acordo, deberán remitirse ao Servizo de mediación de familia da Xunta de Galicia ou organismo competente, que será quen determine que custodio debe formalizar a solicitude e a matrícula.

NON DEIXES PASAR O VERÁN SEN FACER DEPORTE. APÚNTACHE!!

Ligazón á web xeral de campamentos municipais: /web/gl/actualidade/axenda/campamentos-de-veran-2024?argIdioma=gl

Documentos relacionados

  • Listaxe provisional de solicitantes - Campamentos Deportivos Verán 2024 (979 KB)
  • Bases da convocatoria dos Campamentos deportivos de verán 2024 (507 KB)
  • Cartel dos Campamentos deportivos de verán 2024 (246 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión