Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas culturais

  • Exposición fotográfica HELMUT NEWTON - FACT & FICTION

    Cando:

    Dende o 29/02/2024 ata o 01/05/2024

    Enderezo:

    Peirao de Batería. Peirao de Batería.

    Despois das exposicións dedicadas a Peter Lindbergh e Steven Meisel, A Coruña volve ser testemuña do traballo dun dos fotógrafos máis recoñecidos internacionalmente. A mostra ‘Helmut Newton – Fact & Fiction’, impulsada pola Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP) no Porto da Coruña, ofrece unha perspectiva emblemática da vida e obra do lendario fotógrafo xermano-australiano dispoñible para a súa visita gratuíta ata o próximo 1 de maio.

  • CICLO SEN NUMERAR - Primavera 2024

    Cando:

    Dende o 26/01/2024 ata o 10/05/2024

    Horario:

    21.00 h

    Enderezo:

    Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

    Prezo:

    Prezo: 9,00 €

    Descontos:

    Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 72,00 €

    ** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

    Ciclo de artes escénicas para público xuvenil e adulto, de espectáculos en pequeno e mediano formato. Ciclo que conta coa colaboración de AGADIC.

  • BEBESCENA primavera 2024. ÁGORA

    Cando:

    Dende o 25/02/2024 ata o 12/05/2024

    Horario:

    11.30 e 13.00 h

    Enderezo:

    Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

    Prezo:

    ENTRADA: 6,00 €

    ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

    MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

    As persoas que tiveron a sorte de asistir a unha función de teatro para bebés adoitan amosar interese por repetir a experiencia. A emoción que destilan estas obras sobre o escenario é de alta intensidade.

  • CORUFEST24

    Cando:

    Dende o 09/05/2024 ata o 19/05/2024

    Horario:

    20.30 h

    Enderezo:

    Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

    O festival LGBTIQ de artes escénicas que inaugura a acción cultural desde os espazos propios do Concello este ano vén cargado de actualidade e danza.

  • Ciclo Principal: Primavera 2024

    Cando:

    Dende o 19/01/2024 ata o 25/05/2024

    Horario:

    Todas as funcións son ás 20.30 h agás a representación de Las marabillas de Júpiter. Olvido Flores que se representará ás 17.00, 18.30 e 20.00 h

    *Puntualidade: unha vez que comece o espectáculo, non se permitirá acceder á sala.

    Enderezo:

    Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

    Prezo:

    • Tarifa VIDA/PADRE: 25'00, 20'00, 15'00, 10'00 €
    • Tarifa Especial: 21,50 €; 15,00 €; 13,00 €; 9,50 €
    • Tarifa A: 18,00 €; 14,00 €; 11,00 €; 8,50 €
    • Tarifa B: 14,00 €; 10,00 €; 8,00 €; 6,50 €
    • Tarifa Única: 10:00 €
    • Tarifa de visibilidade reducida -butacas comprendidas entre a 37 e a 57 e a 36 e 56 en TERTULIA-: 5,00 €
    • Tarifa de mobilidade reducida: establécese o prezo menor da tarifa correspondente ao espectáculo ou o 70% da tarifa cando esta é única.

    Descontos: Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas: -25%

    * Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

    Un clásico con Anabel Alonso como protagonista en La Celestina abre o ciclo de teatro do 2024 *Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos

  • Folk no Colón

    Cando:

    Dende o 28/12/2023 ata o 30/05/2024

    Horario:

    *Puntualidade: unha vez que comece o concerto, non se permitirá acceder á sala.

    Enderezo:

    Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

    Prezo:

    * Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

    Estrelas do folk galego

  • Programa de Lecer do Ágora Primavera 2024

    Cando:

    Dende o 05/02/2024 ata o 01/06/2024

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

    INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 5 de febreiro e rematarán o sábado 1 de xuño, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro.

  • Programa de Lecer do Fórum Primavera 2024

    Cando:

    Dende o 05/02/2024 ata o 01/06/2024

    Enderezo:

    Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

    INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 5 de febreiro e rematarán o sábado 1 de xuño, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro.

  • Ando na Coruña: A Coruña do Castro de Elviña

    Cando:

    Os días 24/04/2024 ás 18:00 , 22/05/2024 ás 18:00 , 19/06/2024 ás 18:00

    Inscricións:

    Dende o 17/04/2024 ata o 24/04/2024

    Require inscrición previa

    Enderezo:

    Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

    Xornadas para coñecer o pasado coruñés, co Castro de Elviña como referente, e achegar as ferramentas que a Biblioteca Municipal de Estudos Locais ofrece á veciñanza da man de Matilde González Méndez, arqueóloga e doutora da Universidade de Santiago de Compostela.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión