MANÁ VOLVE A GALICIA EN 2024! Despois de 6 anos de espera, a banda mexicana chega á Coruña con “México lindo y querido Tour España” interpretando todos os seus éxitos
Para público en xeral
27/06/2024
22.00 h
Apertura de portas ás 20.00 h
Sweet Nocturna, SL
Mana---Autorizacion-de-acceso-para-menores-de-16-anos.pdf (88 KB)
MANÁ visitará Galicia en 2024 dentro da súa xira mundial MÉXICO LINDO Y QUERIDO TOUR.
Un concerto de máis de dúas horas con única data o 27 de xuño no Coliseum da Coruña, dedicado a repasar todos os seus éxitos e que trae de volta a banda ao noso país despois de seis anos.
Considerado o grupo de rock en español máis influente do mundo e un dos nomes latinos máis importantes de todos os tempos, MANÁ leva case 40 anos transcendendo xeracións coa súa música, tal e como demostra unha vez máis con MÉXICO LINDO Y QUERIDO TOUR. Un reencontro coa forza e a maxia dos seus directos e cos seus temas máis icónicos e populares, como "Oye mi amor", "Rayando el sol", "Clavado en un bar", "En el muelle de San Blas", "Amor clandestino", "Mariposa traicionera", "Vivir sin aire" ou "Labios compartidos", entre moitos outros.
MÉXICO LINDO Y QUERIDO TOUR está actualmente acabando de percorrer os Estados Unidos e pechará o ano con 38 datas coas entradas esgotadas, onde se inclúe a súa residencia en Los Ángeles (California), que vendeu máis de 240.000 entradas e esgotou 16 datas. Maná arrincará o 2024 coa súa xira en Latinoamérica, antes de chegar a España, visitando Paraguai, Arxentina, Chile, México, Colombia, Perú, Ecuador e Guatemala.
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible