Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de maio de 2024

Campamentos tradicionais (pernoctación) verán 2024

Para nenas e nenos nados do 1/01/2008 ao 31/12/2016. A preinscrición será preferentemente en liña os días 20, 21 e 22 de maio.

CAMPAMENTOS TRADICIONAIS OU DE PERNOCTACIÓN

PERSOAS DESTINATARIAS

Para mozas e mozos nados do 1/01/2008 ao 31/12/2016

Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter sanitario.

*Existen bolsas e reserva de prazas para menores usuarias/os dos programas sociais municipais.

ESPAZO DE REALIZACIÓN

Albergue xuvenil LUG2 (Lugo)

CALENDARIO

Preinscrición: 20, 21 e 22 de maio en: Preinscrición en campamentos de pernoctación de verán

A preinscrición realizarase en liña mediante un formulario.

Aquelas persoas que non dispoñan de medios informáticos para realizar a preinscrición e inscrición por vía telemática, poderán chamar ao número: 682 054 561 (tres liñas de atención).

En horario ininterrompido das 9.00 ás 20.00 horas

Un/unha mesmo/a menor pode solicitar, indicando a orde de preferencia, en ata dúas quendas de campamento tradicional de pernoctación.

*No momento no que se formalice a preinscrición, a/o interesada/ou recibirá un correo electrónico co resumo da dita preinscrición.

**A preinscrición dos/as menores que soliciten praza de diversidade funcional acompañarase dunha ficha de coñecemento persoal para menores con diversidade funcional. Esta ficha permitiralle ao monitorado coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención do/da menor e será adicional ao formulario de preinscrición.

**** As nenas e os nenos que soliciten praza de diversidade funcional terán unha numeración e un sorteo propio.

****Os irmáns e irmás deberanse anotar de forma correlativa. Se non é así, non se garante que estean xuntos/as.

*****No caso de que haxa duplicidade nalgunha solicitude por realizala dúas persoas distintas ou a mesma para un/unha mesmo/a menor terase en conta a realizada en último lugar.

Publicación de listaxes de menores preinscritas/os: 31 de maio

As listaxes poderanse consultar nas webs: coruna.gal/campamentos2024 e coruna.gal/servizossociais así como no 010 e centros cívicos.

Reclamacións: 31 de maio, 1 e 3 de xuño.

Núm. de teléfono 682 054 561. En horario das 9.00 ás 20.00 h.

O día 1, sábado, o horario será das 9.00 ás 14.00 horas.

Sorteo das prazas: 5 de xuño.

Publicación de listaxes de admitidas/os: 11 de xuño nas webs coruna.gal/campamentos2024 e coruna.gal/servizossociais, no 010 ou nas portas dos centros cívicos.

Inscrición e aboamento: do 11 ao 17 de xuño.

Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza.

*Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

**A inscrición supón a aceptación e o estrito cumprimento do horario do campamento no que se inscribiu. O feito de non cumprilo poderá supoñer a perda da praza.

Listas de espera: en caso de quedar prazas libres as persoas en lista de espera irán sendo avisadas telefonicamente a partir do 18 de xuño.

QUENDAS

1.ª quenda: do 2 a 8 de xullo (de 8 a 11 anos)

2.ª quenda: do 22 a 28 de xullo (de 12 a 16 anos)

3.ª quenda: do 2 a 8 de agosto (de 8 a 11 anos)

4.ª quenda: do 22 a 28 de agosto (de 12 a 16 anos)

HORARIO: todo o día.

NÚM. DE PRAZAS: 180

COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 €

A cota do campamento inclúe o transporte e a comida diaria.

*O número de conta para realizar o pago é ES95 0049 7796 1426 1000 4476. Terase que achegar á web o xustificante de pago así como outra documentación que poida ser requirida.

As persoas que realicen a inscrición por teléfono terán que enviar o xustificante de pago ao correo: campamentoscoruna@osventos.com

**Se se desexa obter factura do pago deberá marcarse o cadro correspondente ao realizar a solicitude. A factura emitirase a nome da persoa que faga a solicitude.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado.

Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/a menor.

+ INFORMACIÓN E INSCRICIÓN EN CORUNA.GAL/CAMPAMENTOS2024 E CORUNA.GAL/SERVIZOSSOCIAIS.

Todos os documentos e formularios necesarios están na web www.coruna.gal/campamentos2024

Documentos:

Folleto informativo dous campamentos tradicionanais ou de pasa a noite (299 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión