Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas de formación para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea
4 bolsas de formación, para persoas cun título universitario ou cun título de formación profesional de grao superior, para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea nas dependencias da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 17/06/2024
Duración:
O programa formativo das bolsas terá unha duración máxima de once meses.
Requisitos:
Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea.
Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia mediante empadroamento.
Posuír o título académico necesario para a modalidade a que se presenta a persoa beneficiaria:
Bolsas de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega: grao, licenciatura, enxeñeiría ou equivalente.
Bolsas de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos: grao ou licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
Bolsas para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo: título de TS de formación profesional na familia profesional de Administración e Xestión (Administración e Finanzas, Asistencia a Dirección ou Secretariado).
Os estudos deberán terse rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da listaxe de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.
Remuneración / Dotación:
Importe bruto das bolsas: 16.500,00 euros a cada persoa bolseira. Axuda de desprazamento para gastos de viaxe e seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica.
Dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou de carácter xeral, teléfono de información da Xunta de Galicia 012 ou correo electrónico 012@xunta.es
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR770N
Modalidades de bolsas:
2 bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega.
1 bolsa destinada a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos.
1 bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible