Primer premio APROEMA

Introdución

A contaminación por malos cheiros é un problema ao que historicamente non se lle deu a importancia necesaria, en relación con outras formas de contaminación, por varias razóns. A máis importante quizais se refira ao feito de que, na maioría das ocasións, as consecuencias dos cheiros refírense exclusivamente ás molestias e incomodidades que producen, non estando asociadas en xeral a graves consecuencias para a saúde da poboación, como si ocorre con outros contaminantes atmosféricos, como os óxidos de nitróxeno ou o ozono.

Nese sentido podemos dicir que algúns dos principais focos de cheiro, como granxas de porcino, plantas de tratamento de augas residuais ou de residuos urbanos, poden chegar a ocasionar, cando non se adoptan as medidas necesarias, episodios de gran amplitude territorial, aínda que isto ocorre a pesar de que as concentracións das sustancias que as ocasionan poidan ser extremadamente pequenas e, consecuentemente, inocuas desde o punto de vista da saúde, aínda que moi molestas para quen as padece.

Igualmente existe outro problema engadido que se refire á dificultade de medir os cheiros de forma obxectiva e de determinar de forma inequívoca a orixe dos mesmos mediante técnicas sinxelas que á vez ofrezan as suficientes garantías aos actores implicados (veciños e foco emisor), o que levou á inexistencia dunha normativa que regule a materia en ningún dos ámbitos competenciais: Europeo, estatal ou autonómico.

A finais do século pasado, o desgraciado accidente ocorrido no vertedoiro de Bens deu como resultado a emanación de gases con alta concentración de cheiro que afectou severamente, e durante un período bastante longo, á nosa cidade e iso trouxo consigo unha sensibilización especial ao problema dos cheiros.

Igualmente, nalgunhas zonas da Coruña a actividade industrial practicamente coexiste co sector residencial, de tal xeito que a influencia do un sobre o outro é moi importante. Esta influencia é especialmente patente na contaminación por cheiros, pois a alta densidade da poboación do noso territorio propicia altos índices de poboación afectada cando ocorre un episodio, que aínda que escasos en número ao longo do ano, en ocasións son de intensidade elevada.

Na cidade coexisten diversos focos de cheiro de maior ou menor entidade, todos eles de orixe industrial, que en ocasións afectan á cidade. A percepción cidadá do problema foi cuantificada durante o diagnóstico de Axenda 21 onde se detectou, mediante unha enquisa realizada á poboación, que esta forma de contaminación situábase en segundo lugar como problema ambiental despois do tráfico.

A necesidade de adoptar medidas urxentes non se podía facer esperar, polo que se decidiu afrontar o problema cunha ferramenta á altura das circunstancias: O Plan de Xestión dos Cheiros Molestos da Coruña, unha ferramenta pioneira a nivel estatal que conseguiu limitar en gran medida o número de episodios na cidade desde a súa posta en marcha no ano 2005.

Calidade do aire
BOA

+ info

Índice de Calidade do Aire horario actualizado o 14/06/21 ás 10:00 h. (dato temporal)

Emisións Radioeléctricas
Non hai datos para avaliar as EMR

+ info

Ruidos
Consulte os niveis de ruido en tempo real dende eiquí
Meteoroloxía
Últimas observacións:
T.Máx T. Mín D. Vento
22 °C16 °CSur

+ info