13 de maio de 2024
Despois de visitar a exposición do artista no pasado mes de decembro e unha vez finalizada a mesma, o alumnado-traballador colaborou na selección e clasificación das moedas extraídas do alxibe do Castelo de San Antón.
O obradoiro levouse a cabo en dúas quendas; o primeiro, o luns 6 de maio, no que o grupo aprendeu a clasificar os distintos tipos de moedas. O segundo, o martes 7 de maio, no que o grupo realizou o traballo con máis axilidade.
A especialidade de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais mostra a súa gratitude a Rubén Santiago por contar coa súa participación e tamén a súa satisfacción pola boa experiencia que levaron.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible