10 de mayo de 2024
A alcaldesa e o presidente da Xunta dan por superados os convenios do 2004 e acordan que os terreos portuarios manterán a titularidade pública
Inés Rey convocará a todas as Administracións implicadas na fachada marítima a un cumio na Coruña este mesmo mes para avanzar na integración dos peiraos
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantiveron hoxe unha reunión de traballo cun único asunto na orde do día: o futuro dos peiraos interiores e da fachada marítima coruñesa. O encontro, solicitado pola rexedora para avanzar na integración dos espazos portuarios na cidade, serviu para poñer en común o interese das partes en avanzar nun asunto que, segundo a alcaldesa, "é un proxecto de cidade que transcende a un mandato e á propia cidade e é relevante para o futuro de Galicia".
O encontro, realizado en San Caetano, desenvolveuse nun clima de cordialidade, marcado pola boa sintonía e polo interese de ambas as partes de avanzar no proxecto de integración. "Ábrese unha nova etapa de colaboración interadministrativa", indicou a alcaldesa.
Rey e Rueda acordaron deixar o debate sobre o futuro do porto "fóra da contenda política", buscando a forma de avanzar de xeito coordinado e sen trabas. Ambas as partes selaron o que Rey cualificou como "pacto de Estado" para avanzar sen atrancos no futuro do porto. Nesa liña, a alcaldesa anunciou que convocará a todas as partes implicadas na fachada marítima este mesmo mes de maio en María Pita, no mesmo escenario no que a rexedora xuntou a todos os actores o 23 de febreiro do 2021, o primeiro encontro realizado en 17 anos de todas as partes implicadas.
A vontade do Goberno municipal, compartida pola Xunta, é avanzar ao longo deste mandato na integración e apertura do porto, dando pasos firmes que permitan a maior transformación urbanística da cidade en décadas, transformación que se levará a cabo en terreos que seguirán a ser públicos e que deberá facerse baixo os criterios da maior calidade urbana e da creación de novos servizos para a cidadanía. Tanto Rey como Rueda dan por superados os convenios asinados no 2004, coincidindo en que é preciso un novo marco regulador para os terreos portuarios.
Rueda, ademais, amosou o seu compromiso de traballar da man do Concello no desenvolvemento da reurbanización dos Cantóns, a denominada Fase Cero da integración portuaria, ao representar o dito espazo a porta de entrada aos peiraos interiores.
20 de mayo de 2024
18 de mayo de 2024
17 de mayo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible