Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de mayo de 2024

O Concello acometerá a humanización parcial da rúa Agra do Orzán, onde se ampliarán os espazos peonís e se prevé a plantación de máis arboredo

As obras, xa licitadas, permitirán ao Goberno de Inés Rey avanzar no plan de revitalización urbanística do barrio, onde comezarán proximamente as melloras de accesibilidade entre O Peruleiro e a rúa Barcelona

O Concello da Coruña vén de licitar as obras para humanizar a rúa Agra do Orzán no treito comprendido entre as rúas Meira, Entrepeñas e Pascual Veiga, unha medida coa que o Goberno de Inés Rey busca avanzar no seu plan de revitalización urbanística dos barrios da cidade, dando resposta a unha solicitude das e dos veciños da Agra que foi aprobada nos Orzamentos Participativos.

A intervención lévase a cabo co obxectivo de mellorar a calidade urbana da rúa potenciando o seu carácter comercial. O treito que se humanizará na rúa Agra do Orzán estará configurado como plataforma única. Gañaranse espazos peonís nas beirarrúas, mellorando a accesibilidade, e manteranse tamén os espazos destinados ao estacionamento de vehículos. Isto será posible polo ancho actual da calzada, suficiente para acometer a remodelación prevista.

No referente á circulación rodada, o carril central será de 3,5 metros de ancho. A ambas marxes da calzada haberá unha liña de estacionamento, de 2 metros de ancho. No referente as beirarrúas, está previsto que pasen a ser, como mínimo de 1,8 metros de ancho.

Máis árbores para reverdecer os percorridos peonís

A ampliación dos espazos peonís na rúa Agra do Orzán tamén facilitará a plantación de máis árbores ao longo da beirarrúa, en ambas as marxes, árbores que se sumarán aos exemplares xa existentes. A previsión do Concello é que as novas árbores se ubiquen, preferentemente, nas esquinas e cruzamentos, alí onde, polo ancho da beirarrúa, sexa factible plantalos, preto tamén dos puntos de disposición do novo mobiliario urbano.

Toda vez se adxudiquen os traballos, o prazo de execución previsto para completar o plan de obras é de catro meses. O Concello investirá 147.549 euros na intervención.

As melloras no barrio da Agra, tamén entre O Peruleiro e a rúa Barcelona

Ademais da humanización parcial da rúa Agra do Orzán, cómpre lembrar que o Concello xa adxudicou as obras para mellorar a accesibilidade entre O Peruleiro e a rúa Barcelona, unha actuación cofinanciada con fondos Next Generation que permitirá modernizar os espazos públicos en varias rúas do barrio.

Os traballos levaranse a cabo na totalidade das rúas Fanny Garrido e Julia Minguillón, e tamén se reurbanizarán varios treitos de Manuel Deschamps, Almirante Mourelle e Páramo, "unha intervención moi necesaria para facer o barrio da Agra do Orzán máis accesible e con maior calidade urbana", indicou a rexedora.

Gañaranse espazos peonís, tamén se remodelarán os pasos de peóns, renovaranse as redes de saneamento e as de iluminación pública, o mobiliario urbano e disporanse máis árbores ao longo do percorrido entre O Peruleiro e a rúa Barcelona, alí onde a vexetación non estreite os itinerarios peonís.

A actuación vai na liña de outras levadas a cabo na cidade en materia de accesibilidade e ten un orzamento de case 600.000 euros. Os traballos, adxudicáronse en marzo á empresa Manuel Rivas Boquete, e terán un prazo de execución de nove meses.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión