Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2024

A Coruña, única cidade galega na feira internacional IMEX Frankfurt 2024 que segue consolidándose como punto de referencia para o turismo MICE

A cidade alemá acolle esta semana a considerada como a feira máis grande da Unión Europea, enfocada no turismo de congresos

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, a través do Concello da Coruña, atópase estes días na feira IMEX Frankfurt 2024, a máis grande que ten lugar na Unión Europa ao redor do turismo MICE. A cidade alemá de Frankfurt é a sede desta convención internacional que leva desenvolvendo desde este martes, e ata mañá, no MESS FRANKFURT, reunindo a case 4.000 compradores e con máis de 2.900 expositores.

A Coruña é a única cidade galega que participa nesta feira cun espazo propio dentro da caseta de TURESPAÑA. Esta é unha nova oportunidade para mostrar a urbe atlántica en Europa, o seu patrimonio arquitectónico e cultural, as infraestruturas para albergar grandes reunións ou congresos e tamén a rede hostaleira que son un aliciente máis para atraer a este tipo de turismo.

O Goberno de Inés Rey  segue apostando por iniciativas que potencien un turismo máis profesional logrando que A Coruña sexa todo un referente no país para acoller eventos do sector. Así, durante a feira IMEX a cidade preséntase como destino MICE a organizadores de congresos e directivos de empresas, destacando as súas conexións aéreas directas con Londres, Xenebra e Milán, un amplo ecosistema de innovación existente na urbe con centros de referencia como a AESIA, o CITIC, o INIBIC e a Cidade das TIC ou tamén a UDC e o CHUAC como centros xeradores de intercambios e encontros científicos que se poden acoller na cidade.

A todo isto súmaselle a importante oferta cultural e gastronómica da Coruña, incentivos que axudan a proxectar a cidade como a mellor opción para o turismo MICE.

O impacto, o tema de conversa do IMEX 2024

O punto central deste evento global é o impacto, tanto para este 2024 como no 2025. Así , durante os próximos dous anos poñerase sobre a mesa a necesidade de que administracións e entidades privadas traballen xuntos para enfrontarse aos problemas que desafían o planeta, buscando poñer en marcha eventos cun impacto máis positivo a través das accións persoais e profesionais.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión