11 de mayo de 2024
A alcaldesa recibiu en María Pita á directiva, corpo técnico e cadro de xogadores do club, que acadou onte en Melilla o ascenso á máxima categoría, devolvendo a cidade á elite do baloncesto nacional case seis décadas despois
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu hoxe en María Pita á directiva, corpo técnico e cadro de xogadores do Leyma Básquet Coruña, que acadou onte en Melilla o seu ascenso á Liga ACB, máxima categoría do baloncesto nacional, devolvendo así a cidade á élite desta disciplina case seis décadas despois. No acto de recepción ao Leyma Básquet Coruña, a rexedora estivo acompañada pola corporación.
"Sodes os herdeiros daquel Bosco do ano 1968, o primeiro equipo galego que asomou a cabeza na primeira división do baloncesto. E agora, vós colledes o seu testemuño para ser os embaixadores da Coruña na ACB", dixo Rey, que felicitou o equipo "por un logro histórico, que pon o peche a unha magnífica tempada, na que o Leyma Básquet Coruña fixo vibrar a cidade co seu xogo e ganas de competir estivese quen estivese en fronte".
Ao longo deste curso, o conxunto adestrado por Diego Epifanio non só acadou o ascenso á Liga ACB, senón que tamén se clasificou para a Copa Princesa por primera vez na súa historia, acadando o subcampionato ante o Estudiantes.
"Nada disto é casualidade. É traballo, cociñado a fogo lento, coa convicción de que na Coruña hai devoción polo baloncesto e tamén unha semente de futuro, porque na canteira do club hai máis de 800 pequenas e pequenos entre as diversas categorías nas que compite, todo un tesouro que coidar e que teñen no primeiro equipo uns referentes nos que inspirarse", expuxo.
A alcaldesa destacou "a proximidade e a familiaridade do club" como dous dos valores principais do Leyma Básquet Coruña, "unha identidade que é, en definitiva, a da nosa cidade e a nosa xente". No acto de recepción, Rey apuntou tamén ao progresivo aumento da masa social do club, unha cuestión clave de cara á vindeira tempada na ACB, "na que traballaremos de forma conxunta coa entidade para darlle resposta ás necesidades do club nesta nova etapa na máxima categoría".
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible