Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

46 resultados

  • Festival Mar de Mares

    Cando:

    Dende o 03/06/2024 ata o 22/06/2024

    Máis de trinta actividades para gozar do mar de mil maneiras; a bordo dun barco ou en terra, observando a súa paisaxe ou participando na limpeza do mesmo, degustando exquisitos bocados ou bailando ao ritmo de cantos mariñeiros, debatendo sobre o futuro dos océanos ou descubrindo a historia viva da nosa cidade…

  • Actos 25 aniversario Aquarium Finisterrae

    O 5 de xuño presentarase un selo conmemorativo e unha exposición filatélica sobre temas mariños. O sábado 8 de xuño realizarase unha xornada de portas abertas, con reserva previa de entradas.

  • RT feminina de Parkour

    Cando:

    Dende o 17/08/2024 ata o 18/08/2024

    A cidade de Santiago de Compostela acolle unha reunión de traceurs co obxectivo de fomentar e visibilizar o parkour feminino en Galicia e en España.

  • Actividades nas Casas da Mocidade Oleiros- Xuño

    Cando:

    Dende o 07/06/2024 ata o 28/06/2024

    As casas da mocidade de Oleiros organizan unha serie de actividades durante o mes de xuño.

  • Acción de verán 2024. Actividades de lecer para maiores de 18 anos

    A Campaña de verán que a Xunta de Galicia pon en marcha para o ano 2024 inclúe un novo programa de actividades dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. Este novo programa, que promove un ocio educativo, alternativo e saudable para a mocidade galega, conta con 200 prazas en cinco programas de actividades.

  • Exposición "Todo cambia, nada permanece"

    Cando:

    Dende o 31/05/2024 ata o 28/06/2024

    A Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) organiza na súa sede a exposición "Todo cambia, nada permanece", do artista Daniel Muíños.

  • #EncuentroClubUE

    Cando:

    Dende o 09/07/2024 ata o 11/07/2024

    Europe Direct A Coruña abre a convocatoria para participar na segunda edición do #EncuentroClubUE, as xornadas de intercambio xuvenil entre membros do ClubUE de Europe Direct A Coruña e do ClubUE de Europe Direct Asturias. Esta 2ª edición realizarase en Oviedo.

  • (S8) XV Mostra de Cinema Periférico

    Cando:

    Dende o 31/05/2024 ata o 09/06/2024

    A (S8) Mostra de Cinema Periférico celebra a súa 15ª edición consolidando o festival como unha cita única para o cinema de vangarda a nivel mundial.

  • Campamentos de verán da Fundación María José Jove

    Cando:

    • de 6 a 12 anos: do 1 ao 26 de xullo
    • de 13 a 16 anos: do 8 ao 12 de xullo

    A Fundación María Jose Jove pon en marcha os seus campamentos para este verán e este ano, ao tradicional dirixido a nenas e nenos entre 6 e 12 anos, suma un específico para adolescentes entre 13 e 16 anos.

  • IV Exposicion colectiva “unha viaxe solidaria e creativa a vida”

    Cando:

    Dende o 31/05/2024 ata o 22/06/2024

    A Fundación "Tierra de hombres" inaugura a IV Exposición colectiva “UNHA VIAXE SOLIDARIA E CREATIVA A VIDA”, onde máis de 50 artistas galegos únense a través da arte para apoiar os proxectos de axuda á infancia de Tierra de hombres.

resultados 46

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión