Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de maio de 2024

O Concello prevé a realización de cinco cursos de 30 horas, para formar a un cento de persoas residentes no Concello da Coruña

Comeza un novo curso de capacitación dixital no Centro Municipal de Emprego dos Rosales

Impartirase ate o 23 de maio a un total de 20 persoas de colectivos vulnerables, de 15.30 a 19.30 horas no Centro Municipal de Emprego

O Concello da Coruña comezou hoxe un novo curso de capacitación dixital no Centro Municipal de Emprego dos Rosales. A formación vai na liña dos cursos postos en marcha polo Goberno de Inés Rey en materia dixital e TIC co obxectivo de ampliar o coñecemento informático das persoas en situación de desemprego ou procedentes de colectivos vulnerables.

Esta formación enmárcase na subvención estatal recibida polo Concello para a creación dun Centro de Capacitación Dixital municipal, de acordo coa liña de axudas convocada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para a creación dunha rede estatal de Centros de Capacitación dixital en entidades locais. O Concello da Coruña foi unha das oito entidades galegas ás que lles concedeu esta axuda, sendo a única cidade, xunto con Vigo, en obter os fondos para a creación do centro.

Coa concesión desta axuda, A Coruña pasa a formar parte da rede estatal de Centros de Capacitación Dixital que teñen como obxectivo facilitar o acceso á formación dixital da cidadanía, especialmente dos colectivos con risco de exclusión dixital. A través deste Centro de Capacitación Dixital, o Concello ofertará un total de cinco cursos formativos de 30 horas en competencias dixitais baseadas en seis accións: tecnoloxías habilitadoras dixitais, autoestudo, información e alfabetización dixital, comunicación e colaboración en liña, creación de contidos dixitais, seguridade na rede e resolución de problemas. A previsión é formar a un total de 100 persoas residentes no municipio da Coruña.

Tendo en conta o obxecto da actuación, o perfil prioritario son mulleres, persoas traballadoras de baixa cualificación, maiores de 45 anos, fogares monoparentais, persoas cun grao de discapacidade superior ao 33% ous desempregadas en xeral.

As persoas interesadas en participar nesta formación deben solicitar cita no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, a través da web www.coruna.gal/emprego ou chamando ao 010. Para a selección realizarán un obradoiro de información para a procura de emprego de 2 horas de duración e unha entrevista individual de orientación laboral.

A subvención obtida polo Concello da Coruña para a creación do Centro de Capacitación Dixital foi concedida pola Subdirección Xeral de Planificación e Xestión da Formación Profesional pertencente ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, Next Generation EU.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión