Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campos de Voluntariado en Galicia. Verán 2024. 2ª convocatoria

A Xunta de Galicia oferta prazas en campos de voluntariado que se desenvolverán por todo o territorio galego. Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán 2024 da Xunta, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 24/05/2024

ata 3 días antes do inicio do campo.

Duración:

Entre 10 e 12 días nos meses de xullo, agosto e setembro de 2024.

Prezo:

110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos establecidos: Carné xove, Familia numerosa, Familia monoparental, Familia acolledora).

A cota inclúe: os gastos de manutención, aloxamento e os derivados das propias actividades dos campos, e un seguro de accidentes e responsabilidade civil. Non inclúe os gastos ocasionados polo traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade, que correrán a cargo da persoa voluntaria. 

Requisitos:

  • Persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos. É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.
  • A solicitude presentarase en liña, no enlace dispoñible na páxina web de Xuventude habilitado o día de apertura do prazo.
  • Cada persoa solicitante elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado, por orde de prioridade. Na solicitude deberá identificar o campo de voluntariado que solicita co seu código.
  • As persoas con discapacidade deberán facer constar esta circunstancia no apartado que figura no formulario de solicitude, indicando a porcentaxe recoñecida e o tipo de discapacidade que, de ser o caso, presentan, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.

Páxina web:

www.xuventude.xunta.es

Contacto:

Consellería de Política Social e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Complexo administrativo San Lázaro, s/n, planta 0. 15707 Santiago de Compostela

Tel. 981 957 115 - 881 999 314

Servizo de Xuventude e Voluntariado na Coruña

Tel. 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241

Documentos:

Folleto Campos Voluntariado Galicia (3 MB)

Os campos de voluntariado son actividades organizadas por entidades e concellos, encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos de diversa temática (medioambiental, social, arqueolóxica, etnográfica, patrimonial, cultural...).  

2ª CONVOCATORIA - Unha vez asignadas as prazas da 1ª convocatoria, ábrese de novo o formulario na web para aqueles campos con prazas dispoñibles. O 24 de maio ás 9:00 horas abrirase o prazo de solicitude desta 2ª convocatoria e permanecerá aberto ata 3 días antes do inicio do campo, de existir prazas vacantes. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro campo. 

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión