11 de maio de 2024
A recadación obtida destínase á Asociación DalecandELA e á entidade coruñesa Sen Valos
Haberá tres circuítos para distintos niveis de participación que partirán da explanada de Riazor e outras actividades como talleres, xincanas, arte con materiais reciclados e fitness
O vindeiro domingo 26 de maio A Coruña acolle unha nova edición do circuíto Nationale-Nederlanden Plogging Tour, que se realiza por cuarto ano consecutivo. O Goberno de Inés Rey volve colaborar un ano máis na organización desta proba. O plogging consiste en practicar calquera actividade física ao aire libre á vez que se recollen lixo ou residuos no lugar no que se desenvolve. Están previstas tres probas:
As inscricións poden realizarse en liña na web www.ploggingtour.com/a-coruna/. A recadación obtida destínase a fins solidarios. No caso da nosa cidade, as entidades beneficiarias serán a Asociación DalecandELA, que loita contra o esclerose lateral amiotrófica, e a entidade coruñesa Sen Valos, que traballa con poboación migrante e refuxiada. Tamén hai un dorsal 0 para quen queira colaborar.
Todas as persoas participantes nas tres modalidades, que partirán á vez ás 9.45 horas da explanada de Riazor, recibirán un kit plogger con pulseira, eco bidón, bolsas e luvas para a recollida de residuos.
A cita do Nationale-Nederlanden Plogging Tour en cada cidade comprende unha mañá completa de deporte, diversión e moitas actividades paralelas, con tres modalidades para participar de entre 2 e 11 quilómetros, adaptadas a todas as idades e niveis de condición física. Ademais, o Plogging Campus é unha zona con actividades complementarias aos circuítos do Nationale-Nederlanden Plogging Tour en cada cidade (talleres, arte, reciclaxe, reutilización, xincana para as/os máis pequenos, exhibicións deportivas, clases de zumba e masterclass de fitness...) que convidan a seguir activas as persoas participantes e a impregnarse dos valores do deporte e a sostibilidade, ademais de apoiar o deporte base e a mobilidade sostible, e achegar coñecemento sobre economía circular, cultura rexenerativa, igualdade, inclusión, respecto, solidariedade e xenerosidade coas persoas e a contorna que nos rodea.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible