16 de maio de 2024
Para nenas e nenos nados do 1/1/2012 ao 31/12/2020. As datas de preinscrición serán os días 20, 21 e 22 de maio.
PERSOAS DESTINATARIAS
Para nenas e nenos nados do 1/1/2012 ao 31/12/2020.
Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo.
Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter sanitario.
*Existen bolsas e reserva de prazas para menores usuarias/os dos programas sociais municipais.
ESPAZO DE REALIZACIÓN: Colexio Calasanz PP Escolapios da Coruña. Transporte gratuíto.
CALENDARIO:
Preinscrición: 20, 21 e 22 de maio en: Preinscrición en campamentos de día de verán
A preinscrición realizarase mediante un formulario de inscrición.
Aquelas persoas que non dispoñan de medios informáticos para realizar a preinscrición e inscrición por vía telemática poderán chamar ao número: 682 054 561 (tres liñas de atención) en horario ininterrompido das 9.00 ás 20.00 horas
Un/unha mesmo/a menor pode solicitar, indicando a orde de preferencia, ata tres quendas de campamento de día.
*No momento no que se formalice a preinscrición, a/o interesada/o recibirá un correo electrónico co resumo da dita preinscrición.
**A preinscrición dos/as menores que soliciten praza de diversidade funcional acompañarase dunha ficha de coñecemento persoal para menores con diversidade funcional. Esta ficha permitiralle ao monitorado coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención do/a menor e será adicional ao formulario de preinscrición.
***Os nenos e as nenas que soliciten praza de diversidade funcional terán unha numeración e un sorteo propio.
****Os irmáns e as irmás deberanse anotar de forma correlativa. Se non é así, non se garantirá que estean xuntos/as.
*****No caso de que haxa duplicidade nalgunha solicitude por realizala dúas persoas distintas ou a mesma para un/unha mesmo/a menor terase en conta a realizada en último lugar.
Publicación de listaxes de menores preinscritas/os: 31 de maio
As listaxes poderanse consultar nas webs: www.coruna.gal/campamentos2024 e coruna.gal/servizossociais así como no 010 ou nas portas dos centros cívicos.
Reclamacións: 31 de maio, 1 e 3 de xuño. No teléfono 682 054 561. En horario das 9.00 ás 20.00 horas. O día 1, sábado, o horario será das 9.00 ás 14.00 horas.
Sorteo das prazas: 5 de xuño
Publicación de listaxes de admitidas/os: 11 de xuño nas webs coruna.gal/campamentos2024 e coruna.gal/servizossociais, no 010 ou nas portas dos centros cívicos.
Inscrición e aboamento: do 11 ao 17 de xuño
Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza.
*Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.
**A inscrición supón a aceptación e o estrito cumprimento do horario do campamento no que se inscribiu. O feito de non cumprilo poderá supoñer a perda da praza.
Lista de espera: en caso de quedar prazas vacantes avisarase telefonicamente a partir do 18 de xuño.
QUENDAS
1.ª quenda: do 1 a 15 de xullo
2.ª quenda: do 16 a 31 de xullo
3.ª quenda: do 1 a 14 de agosto
4.ª quenda: do 16 a 30 de agosto
HORARIO
Xeral: de luns a venres das 10.00 ás 18.00 h. Os días festivos non haberá campamento.
NÚM. DE PRAZAS: 416
COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 €
A cota do campamento inclúe o transporte e a comida diaria.
*O número de conta para realizar o pago é ES89 0081 0390 1300 0146 0949. Terase que subir o xustificante do pago á web así como aquela documentación que sexa requirida.
As persoas que realicen a inscrición por teléfono terán que enviar o xustificante de pago ao correo: inscripciones@axinasd.com
Se se desexa obter factura do pago deberase marcar o cadro correspondente ao realizar a solicitude. A factura emitirase a nome da persoa que faga a solicitude.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN: as persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/a menor.
+ INFORMACIÓN E INSCRICIÓN EN: CORUNA.GAL/CAMPAMENTOS2024 E CORUNA.GAL/SERVIZOSSOCIAIS
Todos os documentos e formularios necesarios están na web www.coruna.gal/campamentos2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible