Hai dúas grandes convocatorias anuais para inscribirse nas actividades periódicas, que coinciden ao redor dos meses de xaneiro e setembro. Estas actividades son as mesmas durante varios meses e co mesmo alumnado. Algunhas son gratuítas e outras teñen un prezo moi alcanzable.
Existen outras actividades cuxa programación é puntual ao longo do ano. Non teñen unha data fixa para anotarse e realízanse en calquera momento; aínda que algunhas adoitan coincidir con festividades ou conmemoracións sinaladas. Poden ser gratuítas ou de pago.
Outra modalidade son os clubs de actividades, os cales son dirixidos por persoal voluntario e repítense de ano en ano coas mesmas persoas. Son gratuítos e en ocasións quedan prazas vacantes, que se ofrecen nas convocatorias anuais.
Tamén se fan actividades para menores e mocidade en períodos especiais non lectivos como verán, Nadal ou Semana Santa.
Consulta a programación de actividades do teu centro cívico e as normas xerais para participares nelas.
Sen resultados.
Os días 31/01/2024, 28/02/2024, 20/03/2024, 17/04/2024, 15/05/2024, 19/06/2024
Dende o 17/01/2024 ata o 24/01/2024
Prazas limitadas por orde de inscrición na conserxería do centro cívico a partir do mércores 17 de xaneiro.
A través de sesións teóricas e prácticas impartidas por un profesional da nutrición, poñerase en valor a alimentación saudable e de proximidade, baseada na cultura gastronómica galega, que axude á prevención de enfermidades e, se é o caso, que contribúa ao seu control ou erradicación.
Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147. 15007 A Coruña
Os días 22/05/2024, 05/06/2024, 19/06/2024
Dende o 01/03/2024
Realízanse a través da seguinte ligazón: https://form.jotform.com/231913472089359
Neste club descubrirás lecturas que falan do colectivo LGTBIQA+ e coas que reflexionar sobre a súa realidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible