Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

9 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Ciclo "Coa nosa voz"

    Cando:

    Dende o 02/06/2024 ata o 30/06/2024

    O Teatro Colón acollerá en xuño o ciclo de concertos dedicado a grandes estrelas da música galega "Coa nosa voz", no que participarán Guadi Galego, Uxía, Ugia Pedreira e Antía Muíño.

  • Atlantic Pride 2024

    Cando:

    Dende o 07/07/2024 ata o 14/07/2024

    Atlantic Pride volve á Coruña cunha nova edición que terá lugar en diversos espazos: a Fundación Luís Seoane, a praza de Pontevedra e os xardíns de Méndez Núñez. O cartel conta con artistas como Lúa Ki, Nebulossa e Chanel.

  • Morriña Fest 2024

    Cando:

    Dende o 26/07/2024 ata o 27/07/2024

    O Morriña Fest volve á Coruña nunha nova edición que terá lugar no Peirao de Batería do porto da cidade. O cartel conta con artistas como Dani Fernández, Juan Magán, Aitana, Lola Índigo e moitos/as máis.

  • VII Festival RESIS

    Cando:

    Dende o 03/05/2024 ata o 09/06/2024

    A 7ª edición do Festival de Música Contemporánea Resis, organizado pola Asociaición Aïs coa colaboración do Concello da Coruña, converte un ano máis A Coruña en referente internacional da música contemporánea con concertos e outras actividades en diversos espazos singulares da cidade.

  • XXIII Ciclo de música para unha época

    Cando:

    Os días 28/04/2024, 26/05/2024, 02/06/2024

    O Museo de Belas Artes da Coruña organiza unha nova edición do "Ciclo de música para unha época", un programa que combina a música dunha determinada época coa visita guiada á sala do museo correspondente co mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.

  • Aqui tamén se fala

    Cando:

    07/06/2024

    A Praza da Tolerancia acolle a I edición do festival "Aquí tamén se fala", unha iniciativa promovida dende o IES Rafael Dieste que contará con artistas como Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria.

  • VII ciclo de concertos "Elas son Artistas"

    Cando:

    Dende o 11/04/2024 ata o 16/11/2024

    Desde abril ata novembro de 2024 desenvolverase nos oitos concellos da área metropolitana o 7º Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes "Elas son Artistas", un ciclo de concertos protagonizados por mulleres que terá lugar en diferentes espazos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

  • Recorda Fest

    Cando:

    Dende o 06/09/2024 ata o 07/09/2024

    O Porto da Coruña acolle unha nova edición do Recorda Fest, con artistas como Marlon, Álvaro de Luna, Amaral e moitos/as máis.

  • Festival Beatout

    Cando:

    Dende o 07/06/2024 ata o 08/06/2024

    O parque de Santa Margarida acolle a nova edición do festival de música urbana Beatout, con artistas como Dano, Sara Socas ou Israel B, entre outros.

resultados 9

  • 1 Páxinas
  • 1

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión