46 resultados
Dende o 03/06/2024 ata o 22/06/2024
Máis de trinta actividades para gozar do mar de mil maneiras; a bordo dun barco ou en terra, observando a súa paisaxe ou participando na limpeza do mesmo, degustando exquisitos bocados ou bailando ao ritmo de cantos mariñeiros, debatendo sobre o futuro dos océanos ou descubrindo a historia viva da nosa cidade…
O 5 de xuño presentarase un selo conmemorativo e unha exposición filatélica sobre temas mariños. O sábado 8 de xuño realizarase unha xornada de portas abertas, con reserva previa de entradas.
Dende o 17/08/2024 ata o 18/08/2024
A cidade de Santiago de Compostela acolle unha reunión de traceurs co obxectivo de fomentar e visibilizar o parkour feminino en Galicia e en España.
Dende o 07/06/2024 ata o 28/06/2024
As casas da mocidade de Oleiros organizan unha serie de actividades durante o mes de xuño.
A Campaña de verán que a Xunta de Galicia pon en marcha para o ano 2024 inclúe un novo programa de actividades dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. Este novo programa, que promove un ocio educativo, alternativo e saudable para a mocidade galega, conta con 200 prazas en cinco programas de actividades.
Dende o 31/05/2024 ata o 28/06/2024
A Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) organiza na súa sede a exposición "Todo cambia, nada permanece", do artista Daniel Muíños.
Dende o 09/07/2024 ata o 11/07/2024
Europe Direct A Coruña abre a convocatoria para participar na segunda edición do #EncuentroClubUE, as xornadas de intercambio xuvenil entre membros do ClubUE de Europe Direct A Coruña e do ClubUE de Europe Direct Asturias. Esta 2ª edición realizarase en Oviedo.
Dende o 31/05/2024 ata o 09/06/2024
A (S8) Mostra de Cinema Periférico celebra a súa 15ª edición consolidando o festival como unha cita única para o cinema de vangarda a nivel mundial.
A Fundación María Jose Jove pon en marcha os seus campamentos para este verán e este ano, ao tradicional dirixido a nenas e nenos entre 6 e 12 anos, suma un específico para adolescentes entre 13 e 16 anos.
Dende o 31/05/2024 ata o 22/06/2024
A Fundación "Tierra de hombres" inaugura a IV Exposición colectiva “UNHA VIAXE SOLIDARIA E CREATIVA A VIDA”, onde máis de 50 artistas galegos únense a través da arte para apoiar os proxectos de axuda á infancia de Tierra de hombres.
resultados 46
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible