Concello da Coruña

Concello da Coruña

Seiscentos escolares da Coruña aprenderán normas básicas sobre tráfico e prevención de riscos no fogar

Cando:

13 de maio de 2024

A través de dinámicas educativas interactivas coñecerán medidas para previr lesións no fogar e desprazarse de modo seguro, san e sostible

O Concello da Coruña e Fundación Mapfre poñen en marcha a Caravana Planeta ODS, no marco do programa educativo PLANETA ODS impulsado pola Fundación. Trátase dunha actividade educativa gratuíta cun enfoque gamificado e experimental que ten como obxectivo achegar a seguridade viaria, a prevención de lesións non intencionadas e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ao alumnado.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz Romero destacou a boa colaboración do Concello e Fundación na divulgación de boas prácticas e educación vial.

Durante a actividade, os educadores transmiten aos escolares de 3º a 6º de Educación Primaria (entre 8 a 12 anos) os coñecementos necesarios para comprender os ODS, valorar a súa importancia e relacionalos coa mobilidade 3S e a prevención de lesións non intencionadas. Ademais, durante as dinámicas propostas nas aulas, os participantes mellorarán a súa capacidade de reflexión, de iniciativa e o traballo en equipo. Unha experiencia inmersiva, na que a aprendizaxe está baseado na gamificación, a cooperación e a experimentación.

Os escolares participantes, xunto co profesorado, percorrerán tres espazos diferentes, desenvolvendo en cada un deles unha actividade práctica didáctica. O primeiro deles, "O enigma da galería virtual", un Escape Room no que se propón aos menores distintos enigmas relacionados coas temáticas da actividade e que teñen que resolver colaborando uns con outros. 

"A aventura da prevención no Fogar Virtual", no que se mostran diferentes situacións relacionadas coa prevención de lesións non intencionadas, inclúe actividades en formato de desafíos interactivos, que deben resolver grupalmente. 

Ademais, contarán cun Circuíto Interactivo de Movilidad 3S: segura, sa e sostible con sinais de tráfico, bicicletas e patinetes (VMP). Neste circuíto hai zonas peonís e rúas para que os nenos aprendan a desprazarse de maneira segura como peóns e como condutores de bicicletas e patinetes. Ademais, cóntase coa colaboración de axentes da Policía Local. En definitiva, un total de 90 minutos de diversión e aprendizaxe cooperativo para previr lesións infantís e levar a prevención aos escolares do municipio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión