Concello da Coruña

Concello da Coruña

O alumnado do CEIP Wenceslao Fernández Flórez visita Felgueiras

Cando:

10 de maio de 2024

Esta actividades enmárcase dentro do proxecto de Intercambios escolares do Eixo Atlántico

Do 8 ao 10 de maio, o alumnado de 6º de primaria do CEIP Wenceslao Fernández Flórez está a participar nun intercambio escolar con alumnado do agrupamento de escolas D. Manuel Faria e Sousa en Felgueiras - Portugal.

Este proxecto promoveo o Eixo Atlántico e está organizado desde o servizo de educación do Concello da Coruña.

O mércores 8 de maio, un total de 19 rapaces e rapazas máis 3 adultos, desplazáronse desde á Coruña cara a Felgueiras onde foron recibidos na cámara municipal de Felgueiras. Ao día seguinte acudiron ao Mosteiro de Santa María do Pombeiro, onde lles fixeron unha visita guiada e ese mesmo día pola tarde, na Casa do Risco, fixeron un obradoiro de bordado. Para o venres espéranlles outras actividades ao aire libre, antes de inicar a viaxe de regreso á Coruña.

Programa ao que pertence

  • III Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2023-24

    Con este programa búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; especificamente, dar a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado dun centro educativo do municipio portugués de Felgueiras .

    Os intercambios terán lugar durante 2 ou 3 días nos meses de abril ou maio de 2024.

    Máis información
  • O CEIP Wenceslao Fernández Flórez visita Felgueiras

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión