Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de maio de 2024

A recadación obtida destínase á Asociación DalecandELA e á entidade coruñesa Sen Valos

O Concello colabora cunha nova edición do Plogging Tour, que organiza unha xornada deportiva, ambiental e solidaria o domingo 26 de maio

Haberá tres circuítos para distintos niveis de participación que partirán da explanada de Riazor e outras actividades como talleres, xincanas, arte con materiais reciclados e fitness

O vindeiro domingo 26 de maio A Coruña acolle unha nova edición do circuíto Nationale-Nederlanden Plogging Tour, que se realiza por cuarto ano consecutivo. O Goberno de Inés Rey volve colaborar un ano máis na organización desta proba. O plogging consiste en practicar calquera actividade física ao aire libre á vez que se recollen lixo ou residuos no lugar no que se desenvolve. Están previstas tres probas:

  • Unha actividade multiaventura para familias e centros educativos que inclúe actividades deportivas adaptadas, talleres e xogos que terá lugar na praia de Riazor. A inscrición nesta modalidade custa 2,5 euros para as persoas adultas e un euro para os/as menores.
  • Unha carreira popular de 5,6 quilómetros para todos os niveis que transcorrerá polo paseo marítimo. A inscrición nesta modalidade custa 5 euros para as persoas adultas e un euro para os nenos e as nenas.
  • A Plogging Pro, un circuíto de 11 quilómetros con subida ao monte de San Pedro. Neste caso, a inscrición custa 5 euros para as persoas adultas e un euro para as nenas e os nenos. 

As inscricións poden realizarse en liña na web www.ploggingtour.com/a-coruna/. A recadación obtida destínase a fins solidarios. No caso da nosa cidade, as entidades beneficiarias serán a Asociación DalecandELA, que loita contra o esclerose lateral amiotrófica, e a entidade coruñesa Sen Valos, que traballa con poboación migrante e refuxiada. Tamén hai un dorsal 0 para quen queira colaborar.

Todas as persoas participantes nas tres modalidades, que partirán á vez ás 9.45 horas da explanada de Riazor, recibirán un kit plogger con pulseira, eco bidón, bolsas e luvas para a recollida de residuos.

A cita do Nationale-Nederlanden Plogging Tour en cada cidade comprende unha mañá completa de deporte, diversión e moitas actividades paralelas, con tres modalidades para participar de entre 2 e 11 quilómetros, adaptadas a todas as idades e niveis de condición física. Ademais, o Plogging Campus é unha zona con actividades complementarias aos circuítos do Nationale-Nederlanden Plogging Tour en cada cidade (talleres, arte, reciclaxe, reutilización, xincana para as/os máis pequenos, exhibicións deportivas, clases de zumba e masterclass de fitness...) que convidan a seguir activas as persoas participantes e a impregnarse dos valores do deporte e a sostibilidade, ademais de apoiar o deporte base e a mobilidade sostible, e achegar coñecemento sobre economía circular, cultura rexenerativa, igualdade, inclusión, respecto, solidariedade e xenerosidade coas persoas e a contorna que nos rodea.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión