Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Campamentos de Verán 2024 - Deputación da Coruña

Os Campamentos Deportivos da Deputación deste Verán 2024 van dirixidos a nenos e nenas empadroados no Concello da Cidade da Coruña nados entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro do 2015.

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes para os Campamentos de Veran 2024 - Deputación da Coruña o cal tera lugar do 21 ao 26 de xullo no IES Rosalia Mera, o cal pode consultar na seguinte ligazón:

Subsanación de erros: dende a publicación da listaxe ata o 2 de xuño ás 23:59 h., exclusivamente a través do correo electrónico: programasdeportivos@coruna.gal. Durante este prazo poderanse subsanar so datos persoais tales coma data de nacemento, apelidos, etc

SEGUINTES FASES DA CONVOCATORIA:

- Listaxe Definitivo de Solicitantes: 3 de xuño de 2024 a partir das 14.00 h e unha vez resoltas todas as correccións, nesta listaxe asignarase un número (SEGUNDO HORA DE REXISTRO DA SOLICITUDE) que será o que se empregará no suposto de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas

- Sorteo: 04 de xuño a partir das 10:00h, empregando a páxina web https://echaloasuerte.com/

- Listaxe de asignación de prazas: 4 de xuño de 2024 a partir das 15:00h. seguindo o número de corte establecido no sorteo do día 4 de xuño e as seguintes preferencias:

  1. Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
  2. Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación
  3. Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)
  4. Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)

Pode cosultar as bases completas nos documentos adxuntos a pé de páxina ou na seguinte ligazón:

14 de maio - CONVOCATORIA

Pode cosultar as bases completas nos documentos adxuntos a pé de páxina ou na seguinte ligazón:

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN:  Solicitude de preinscrición en campamentos deportivos da Deputación

SEDE CAMPAMENTO:

IES Rosalía Mera Rúa Archer Milton Huntington, 24 (A CORUÑA)

DURACIÓN: Dende o DOMINGO 21 de xullo ata o VENRES 26 de xullo.

PRAZAS: 27 prazas

CHEGADA: O DOMINGO pola tarde entre as 18:30 horas e as 19:30 horas no IES Rosalía Mera.

REGRESO: O VENRES seguinte, entre as 16:00 horas e as 17:00 horas.

COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 € (OITENTA E CINCO euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar "Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2024", ademais do nome do/a participante inscrito e concello ao que pertence. As cotas ingresadas non se devolverán. O nº de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.

INCLÚE: Transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

EQUIPO RECOMENDADO

  • Roupa de rúa (pantalóns, camisas)
  • Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina)
  • Toallas de aseo
  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante)
  • Saco de durmir e lanterna
  • Gafas para o sol
  • Crema protectora para o sol, factor alto
  • Chuvasqueiro
  • Mochila pequena

MATERIAL: O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.

PRAZOS DA CONVOCATORIA

PREINSCRICIÓNS: No seguinte formulario, ata o 28 de maio de 2024 ás 23:59h.

Consideracións: 

  • Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña que non participasen en ningún Campamento de Verán da Deputación da Coruña.
  • De existir máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público.
  • No caso de que se detecten máis dunha solicitude por persoa, terase en conta a derradeira realizada.

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES:

  • 29 de maio a partir das 13:00h. 

EMENDA DE ERROS:

LISTAXE DEFINITIVO DE SOLICITANTES:

  • 03 de xuño de 2024 a partir das 14.00 h e unha vez resoltas todas as correccións, nesta listaxe asignarase un número que será o que se empregará no suposto de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas .A asignación do número farase preferentemente por orde de entrada da solicitude. No caso de solapamento de orde de entrada ou da admisión de emenda de erros, asignarase correlativamente o primeiro número libre. 

SORTEO: 

LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: 

  • 04 de xuño de 2024 a partir das 15:00h.

Esta listaxe elaborarse seguindo o número de corte establecido no sorteo do día 4 de xuño e as seguintes preferencias:

  1. Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
  2. Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación
  3. Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)
  4. Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: 

ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA (no caso de que non se formalicen as 27 prazas en periodo ordinario):

  • A partir do 11 de xuño

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión