A Xunta de Galicia oferta prazas en campos de voluntariado que se desenvolverán por todo o territorio galego. Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán 2024 da Xunta, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos.
Para público en xeral
Dende o 24/05/2024
ata 3 días antes do inicio do campo.
Entre 10 e 12 días nos meses de xullo, agosto e setembro de 2024.
110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos establecidos: Carné xove, Familia numerosa, Familia monoparental, Familia acolledora).
A cota inclúe: os gastos de manutención, aloxamento e os derivados das propias actividades dos campos, e un seguro de accidentes e responsabilidade civil. Non inclúe os gastos ocasionados polo traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade, que correrán a cargo da persoa voluntaria.
Consellería de Política Social e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Complexo administrativo San Lázaro, s/n, planta 0. 15707 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 115 - 881 999 314
Servizo de Xuventude e Voluntariado na Coruña
Tel. 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241
Os campos de voluntariado son actividades organizadas por entidades e concellos, encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos de diversa temática (medioambiental, social, arqueolóxica, etnográfica, patrimonial, cultural...).
2ª CONVOCATORIA - Unha vez asignadas as prazas da 1ª convocatoria, ábrese de novo o formulario na web para aqueles campos con prazas dispoñibles. O 24 de maio ás 9:00 horas abrirase o prazo de solicitude desta 2ª convocatoria e permanecerá aberto ata 3 días antes do inicio do campo, de existir prazas vacantes. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro campo.
Dende o 03/06/2024 ata o 10/06/2024
Dende o 24/05/2024
ata 3 días antes do inicio do campo.
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible