Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2024

Inés Rey destaca a importancia do programa Coruña Digital Pymes, que formará as empresas da cidade en transformación dixital

A alcaldesa persentou a actividade formativa acompañada por Venancio Salcines, presidente do consello reitor de Cesuga e impulsor dos cursos, que comezarán en setembro e serán gratuítos

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá o programa Coruña Digital Pymes, unha iniciativa que lles permitirá ás pequenas e medianas empresas da cidade recibir formación gratuíta en transformación dixital a partir do mes de setembro. No acto de presentación a rexedora estivo acompañada por Venancio Salcines, presidente do consello reitor de CESUGA e presidente de EF Business School. Ata María Pita achegáronse representantes das asociacións empresariais da cidade e outros colectivos relacionados co sector privado.

"A dixitalización é un proceso imparable e necesario, pero conseguir unha transformación completa non é un proceso sinxelo e menos contando con recursos limitados como os que acostuma a ter unha peme", indicou a alcaldesa. Coruña Digital Pymes enmárcase no plan Generación Digital Pymes impulsado polo Ministerio para la Transformación Digital e está financiado con fondos europeos Next Generation. Na cidade, o Concello e CESUGA xestionarán o seu desenvolvemento.

O programa ofrece unha mestura de coñecemento e liderado dixital que proporcionan as ferramentas dixitais adecuadas para lograr un mellor posicionamento do tecido empresarial no novo mercado. A formación, valorada en 14.000 euros, será gratuíta e está deseñada para equipos de dirección de pemes de entre 10 e 249 traballadores e traballadoras.

O curso será impartido, a partir do mes de setembro, por un equipo de profesionais expertos/as en activo no ámbito da transformación dixital. Consta de 146 horas docentes de metodoloxía práctica e persoalizada, impartidas en formato mixto presencial e en liña, con mentorías e sesións específicas con casos prácticos de éxito. "A Coruña é o principal motor económico de Galicia e queremos que as súas pemes crezan estando ao día nos procesos de dixitalización", indicou Inés Rey.

As empresas coruñesas interesadas en participar neste programa poderán formalizar a súa participación no proceso selectivo a través da seguinte páxina web: http://corunadigitalpymes.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión