Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campacoles 2023-24

A Federación Provincial das ANPAs en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de "Campacole", que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Prezo / Custo:

COTAS DE INSCRICIÓN E SERVIZOS POR QUENDA

QUENDA 1.ª, de 4 días (do 25 ao 28 de xuño)

  • Campacole: 16,00 €
  • Madrugadores sen almorzo: 8,00 €
  • Madrugadores con almorzo: 15,00 €
  • Comedor: 22,00 €

QUENDAS 2.ª e 3.ª, de 15 días (do 1 ao 15 e do 16 ao 31 de xullo)

  • Campacole: 40,00 €
  • Madrugadores sen almorzo: 20,00 €
  • Madrugadores con almorzo: 36,00 €
  • Comedor: 60,00 €

As persoas que solicitan campacoles e que son beneficiarias da bolsa comedor no curso 2023/2024 terán unha bonificación do 50% de desconto na cota do Campacole. Nestes casos, os servizos de madrugadores e de comedor, aboaranse na súa totalidade.

SEGURO DE ACCIDENTES 4€ (*) *Estarán exentas do pago do seguro de accidentes aquelas persoas que estivesen matriculadas en calquera dos programas ofertados pola Federación das ANPAs de centros públicos durante o curso 2023/2024 ("Cóxegas", "Deporte no centro", "Arte e cultura no centro" e "English Lab").

A cota correspondente aboarase mediante a transferencia á conta da Federación Provincial das ANPAs: ES37 2100 6359 5802 0006 1816

O comprobante da transferencia enviarase ao correo electrónico: campacoles@fedapascoruna.org, indicando no campo "concepto" o nome da persoa admitida, a quenda e os servizos aboados de madrugadores e/ou comedor. No caso de non realizarse e pago nos prazos establecidos, a praza quedará vacante para a súa xestión na lista de espera.

Os campamentos realizaranse, de forma xeral, de luns a venres das 10.00 ás 14.00 h nos horarios que se establecen a continuación. Os días festivos non haberá campamento.

  • Xeral: de luns a venres, das 10.00 ás 14.00 h
  • Madrugadores: de luns a venres, das 8.30 ás 10.00 h
  • Comedor: das 14.00 ás 15.30 h (poderase saír dende as 15.00 h)

PERSOAS DESTINATARIAS

Escolares de educación infantil e educación primaria matriculados/as nos CEIP do Concello da Coruña no curso 2023/2024.

LUGARES DE REALIZACIÓN

CEIP Anxo da Garda

CEIP Curros Enríquez

CEIP Juan Fernández Latorre

CEIP Manuel Murguía

CEIP María Barbeito

CEIP Novo Mesoiro

CEIP San Pedro de Visma

CEIP Torre de Hércules

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

NÚMERO DE PRAZAS

3 grupos de 15 escolares por sede e quenda.

Resérvase un 33% das prazas para o alumnado que estea matriculado no centro que é sede do campamento.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Poderanse solicitar ata 3 quendas por orde de preferencia.

Na primeira adxudicación atenderase ás dúas primeiras opcións, sempre que haxa prazas e que unha delas fose na quenda de xuño. Só nesta primeira adxudicación, e co fin de chegar ao maior número de solicitantes. Atenderase a terceira opción, cando as dúas primeiras opcións solicitadas estivesen cubertas.

Na segunda adxudicación, atenderanse as opcións non concedidas inicialmente, sempre que houbese prazas e respectando a orde do sorteo.

A adxudicación realizarase a partir do número seleccionado no sorteo público. A cada solicitante asignaráselle un número correlativo segundo o momento da inscrición.

No caso de irmáns ou irmás tomarase de referencia o número de adxudicación de quen se inscriba en primeiro lugar, sempre que sexan correlativos.

Cando:

Dende o 25/06/2024 ata o 31/07/2024

Quenda 1.ª: do 25 ao 28 de xuño

Quenda 2.ª: do 1 ao 15 de xullo

Quenda 3.ª: do 16 ao 31 de xullo

Inscricións:

Dende o 20/05/2024 ata o 22/05/2024

  • Preinscrición: 20, 21 e 22 de maio www.fedapascoruna.org/inscripciones
  • Publicación das persoas preinscritas: 31 de maio
  • Corrección de erros: 31 de maio, 1 e 3 de xuño
  • Listas emendadas e sorteo: 5 de xuño
  • Listaxes de persoas admitidas: 11 de xuño (publicaranse na web municipal www.coruna.gal, no 010 e na web da Federación das ANPAs de centros públicos: www.fedapascoruna.org)
  • Pago de cotas: 11 ao 17 de xuño
  • Xestión da lista de espera: a partir do 18 de xuño

Contacto:

Federación Provincial das ANPAs de centros públicos

Rúa Orzán, 21, 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002 / 649 055 939 / 698 158 503

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Máis información:

+INFORMACIÓN E INSCRICIÓN EN:

www.fedapascoruna.org

e nos teléfonos: 649 055 939 / 698 158 503/ 981 202 002

Documentos relacionados

  • Campamentos Verán 2024 Campacoles (298 KB)
  • Dossier Programas A Coruña Tardes 2023-24 (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión