Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

SomosPro: Ponte a proba

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

Para nenos e nenas de 9 a 14 anos.

Cando:

22/05/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/05/2024 ata o 22/05/2024

Require inscrición

Horario:

De 18.30 h. a 20.00 h.

Duración:

1,5 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.

mércores 22 de maio ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos un novo obradoiro do Programa SomosPro, para nenos e nenas de 9 a 14 anos.

Saberías dicir como se mantén unha ponte en pé? que tipo de pontes existen? ou cal é a ponte máis longa do mundo?

Neste novo obradoiro de SomosPro aprenderemos moitas cousas sobre pontes e estruturas e intentaremos resolver diferentes retos creativos como se fósemos verdadeiros enxeñeiros.

Aproveitarase para visualizar o papel das mulleres na ciencia e fomentar a eliminación de estereotipos relacionados coas letras e as ciencias achegándonos ás figuras das arquitectas Emily Roebling e Zaha Hadid.

Agardámosvos na Biblioteca Fórum! 

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión