7 de mayo de 2024
O obxectivo é promover o interese na banda deseñada entre a mocidade e dar a coñecer a relevancia do Festival Viñetas entre as novas xeracións
Baixo o nome de ‘Viñetas desde a escola’, impartiranse obradoiros de iniciación á banda deseñada en catro centros de secundaria e estudos superiores
O Festival 'Viñetas desde o Atlántico' chega aos centros educativos da cidade co programa 'Viñetas desde a Escola', impulsado polo Goberno de Inés Rey para a promoción do festival entre as novas xeracións. Trátase dun plan de obradoiros previos en diferentes centros de secundaria e estudos superiores, con charlas divulgativas sobre proceso creativo da banda deseñada.
Serán un total de catro sesións impartidas pola autora Inés Vazquez, membro da plataforma Coruña Gráfica, e gañadora do Premio Follas Novas 2022 pola súa obra 'Aldara'. Vázquez prepara actualmente a súa terceira novela gráfica, despois de ter traballado varios anos en Irlanda no sector da animación. A Escola de Arte Superior e Deseño (EASD) Pablo Picasso será o primeiro centro en acoller as charlas, este xoves 8 de maio ás 11.30 horas. Seguiralle o IES Fernando Wirtz o 9 de maio e o IES Zalaeta o 14 de maio. Os obradoiros rematarán o 20 de maio no IES Durmideiras, coa última sesión do programa.
Este plan divultigativo, coordinado entre o Concello e a dirección de 'Viñetas desde o Atlántico', conta coa colaboración de Xulio Carballo Dopico, mestre de galego e especialista en banda deseñada. O programa ten como obxectivo deslocalizar o Festival 'Viñetas' do mes de agosto, aproveitando o período lectivo para involucrar aos centros educativos da Coruña. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey aposta por achegar o Viñetas ás novas xeracións a través do ámbito educativo, promovendo o festival entre a mocidade para que sexan conscientes da relevancia e potencial que ten a nivel internacional.
18 de mayo de 2024
17 de mayo de 2024
17 de mayo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible