Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de maio de 2024

O CEIP Sagrada Familia gaña a nova edición do certame Cinema na Escola 2024, con catro primeiros premios

O concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego, participou na entrega de galardóns desta terceira edición nunha gala celebrada no Ágora e presentada polo cómico Víctor Grande

Alfombra vermella, photocall, un presentador de luxo e moito talento. Non faltou de nada na gala de entrega dos premios do programa Cinema na Escola 2024, unha iniciativa impulsada polo Goberno de Inés Rey que promove o uso da creación audiovisual como ferramenta de formación en valores, fomento do traballo en equipo e impulso á creatividade dos máis novos.

Os triunfadores nesta primeira gala, correspondente aos centros de Educación Primaria, foron os alumnos e alumnas do CEIP Sagrada Familia que coa peza 'A substituta' levaron o premio á mellor curtametraxe, mellor interpretación, mellor son e mellor fotografía. Ademais, gañaron o segundo premio na categoría de edición e montaxe.

O premio á mellor edición e montaxe foi para a curtametraxe 'O camiño', do CPR Cid, que obtivo tamén o premio ao mellor guión. Os mellores efectos visuais foron para 'O froito misterioso', do CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

A curtametraxe 'Eses zapatos', do CEIP Curros Enríquez, obtivo unha mención especial aos valores, e a mención ao filme máis divertido foi para 'Nico e a cámara de gas', do CEIP Cidade Vella. O CEIP Zalaeta obtivo o segundo premio á mellor interpretación por 'Nunca te olvidaré!'. Pola súa banda, o CEIP Alborada obtivo unha mención ao esforzo polo traballo realizado en vestiario e ambientación e tamén o premio do público pola curta 'O desexo de 1940'.

Na gala, presentada por Víctor Grande, o concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego, felicitou aos oito centros participantes e destacou "o talento, a creatividade e orixinalidade" das pezas audiovisuais presentadas ao certame. "A calidade técnica, dos guións e das interpretacións son sorprendentes para a idade que teñen estes mozos e mozas de Primaria e demostran o esforzo e compromiso co que se tomaron o seu traballo, e a utilidade da creación audiovisual como ferramenta educativa e de transmisión de valores", agregou.

Os integrantes do xurado foron:

  • Santiago Fernández, actor de escena e de dobraxe de ampla traxectoria e proxección nacional, ex-director do CEIP Labaca e fundador de Casa Hamlet.
  • Fran X. Rodríguez, realizador de ficción, montador de series para plataformas como Movistar+ e Amazon Prime, ten un Goya pola realización da curta 'The Monkey'.
  • Sara Gómez, guionista. Asociación Galega de Guionistas. Escribiu películas de primeiro nivel e series de Clan TV.
  • Andy Pérez, fotógrafo do Concello da Coruña.
  • Ana Judel Prieto, técnica de Educación do Concello da Coruña, que actúa como secretaria.

Cómpre lembrar que o vindeiro día 7 de maio celebrarase a gala final de Educación Secundaria, tamén a partir das 17.00 horas no Centro Sociocultural Ágora. No acto participarán os IES da Sardiñeira, Agra do Orzán, Eusebio da Guarda, Monelos, Rafael Puga Ramón, Salvador de Madariaga e os CPR Santo Domingo, Esclavas, Franciscanas e Franciscanos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión