Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de maio de 2024

A especialidade de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais do programa de emprego “Unha xanela ao porto medieval da Coruña” participa no obradoiro de “Ante a inminencia” con Rubén Santiago

Despois de visitar a exposición do artista no pasado mes de decembro e unha vez finalizada a mesma, o alumnado-traballador colaborou na selección e clasificación das moedas extraídas do alxibe do Castelo de San Antón.

O obradoiro levouse a cabo en dúas quendas; o primeiro, o luns 6 de maio, no que o grupo aprendeu a clasificar os distintos tipos de moedas. O segundo, o martes 7 de maio, no que o grupo realizou o traballo con máis axilidade.

A especialidade de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais mostra a súa gratitude a Rubén Santiago por contar coa súa participación e tamén a súa satisfacción pola boa experiencia que levaron.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión