Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Charla: A arte do bonsai

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

13/11/2015

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar aforamento

Horario:

De 20.00 a 21.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Elena L. Corzo

binfantil@coruna.es

981184388

Charla sobre bonsais con Mª Rosa San Julián, propietaria da tenda BONSAI, especializada en bonsais.

Con motivo do mes dedicado ás culturas orientais, Rosa San Julián, experta na divulgación da vella arte do bonsai, ofreceranos unha charla onde nos falará dos seus diferentes tamaños, o seu estilo, os testos, as técnicas e as normas básicas para o seu correcto mantemento.

Traeranos tamén unha mostra dalgúns dos seus exemplares, e poderemos preguntarlle todo aquilo que nos interese.

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión